PROMOCIÓN ECONÓMICA
Os empresarios coñecerán a través dunha xornada a mellor forma de posicionar o seu negocio nos buscadores de internet
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a xornada Mellora o SEO do teu negocio en internet xunto a unha das organizadoras, María Encinar, de Iniciador Galicia.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Premio Manuel Beiras recoñece unha edición máis o uso da lingua galega nos negocios da cidade
O Concello e Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela presentaron a décimo primeira edición do Premio Manuel Beiras. O galardón, organizado nesta ocasión polo concello compostelán, trata de recoñecer o esforzo que realizan as empresas do municipio no proceso de normalización do uso da lingua galega.
CULTURA
Berrogüetto inaugura a nova temporada do ciclo Sons da Diversidade
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou o concerto de Berrogüetto que inaugura a nova temporada de Sons da Diversidade, o ciclo de músicas do mundo que bota a andar todos os outonos dende 2004. Será o peche de xira de presentación do seu novo disco, Kosmogonías, que presentaron en rolda de prensa tres dos músicos do grupo: Quim Farinha, Guillerme Fernández e Santiago Cribeiro.
ALCALDÍA
O alcalde agradece o seu traballo ao capitán da Garda Civil José María Eceiza
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o capitán da Garda Civil, José María Eceiza, quen deixa a cidade.
BENESTAR SOCIAL
O Programa Municipal de Educación de Rúa xa ten o seu xornal mensual
Xa está na rúa o primeiro número de O Mirador, o xornal impulsado polo Programa Municipal de Educación de Rúa, da Concellería de Benestar Social, coa colaboración de todas as entidades que dende hai tempo veñen traballando no barrio de Fontiñas.