PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O Concello rende homenaxe á agrupación folclórica Cantigas e Agarimos
A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, presidirá esta tarde o acto de recoñecemento que o Concello quere render á agrupación folclórica Cantigas e Agarimos polos seus 88 anos de labor ininterrompido en prol da música tradicional galega. Será na Casa das Asociacións de Cornes ás 20:30 horas.
XUVENTUDE
O Concello desvinculouse do concerto de Sizzla hai tres días despois de manter contacto con colectivos de gais e lesbianas
O concerto do cantante de reggae Sizzla Kalonji era o primeiro dos tres programados no ciclo "Importa Santiago DC", presentado o pasado 30 de setembro e apoiado pola concellería de Xuventude e Festas en colaboración coa Sala Capitol.
ALCALDÍA
O convenio para a construción da estación intermodal asinarase o 3 de novembro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que o martes 3 de novembro, ás 11:00 horas, asinarase en Raxoi o convenio entre Concello, Xunta e Ministerio de Fomento para a construción da estación intermodal do AVE. "Ben está o que ben acaba", apuntou, resaltando a "vontade de colabora coa Comunidade Autónoma e co Ministerio para sacar adiante unha actuación decisiva e decisoria para Santiago e para o conxunto de Galicia".
ALCALDÍA
Máis de 600 empresas hostaleiras participarán en Santiago nun congreso internacional en maio de 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente da Asociación de Hostalería de Galicia, Juan Silva. Este quixo convidalo ao congreso internacional sobre hostalería que albergará o Palacio de Congresos do 19 ao 21 de maio de 2010.
ALCALDÍA
A delegada de Filmax en Galicia explicoulle ao alcalde os detalles da rodaxe de "The way"
A delegada de Filmax en Galicia, Inmaculada Castaño, reuniuse co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, para explicarlle os detalles da rodaxe e da futura estrea do filme The way (O camiño).
SERVIZOS
Ampliación do horario de apertura do cemiterio e reforzo do transporte urbano con motivo de Todos os Santos e Defuntos
Por mor das festividades de Todos os Santos e Defuntos, o horario de apertura do cemiterio de Boisaca será de 9.00 a 19.00 horas do 29 de outubro ao 2 de novembro. Ademais, polo notable incremento de visitantes deste cemiterio nestas datas, reforzarase o servizo de transporte urbano os días 31 de outubro e 1 de novembro.
BENESTAR SOCIAL
A Unidade de Atención ás Familias organiza unha xornada sobre prevención e control do absentismo escolar
A Unidade de Atención ás Familias (UAF), da Concellería de Benestar Social, organiza unha Xornada sobre prevención e control do absentismo escolar, baixo o título Depende de ti. A educación, un dereito, un deber. Celebrarase o luns 2 de novembro, de 16.00 a 20:00 horas, no Paraninfo da Universidade de Santiago, na Facultade de Xeografía e Historia. A asistencia é de balde.
CULTURA
Máis de 120 longametraxes e 18 estreas absolutas na XXIII edición de Cineuropa
Chega como cada novembro unha das citas culturais máis agardadas do outono cultural da cidade. O mércores 4 de novembro, a película gañadora da Palma de Ouro no Festival de Cannes, A cinta branca, de Michael Haneke, abrirá unha maratón de proxeccións que durará ata o 2 de decembro.