DEPORTES
Unha delegación de 89 participantes representará a Compostela nos VII Xogos do Eixo Atlántico
O concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, informou da participación do Concello de Santiago de Compostela nos VII Xogos do Eixo Atlántico, que se celebrarán na cidade de Vila Nova de Gaia (Portugal) do 9 ao 14 de xullo. A delegación santiaguesa estará composta por 92 participantes, entre adestradores e deportistas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Compostela Activa conta xa co seu microespazo web
O Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, presentou o microespazo de Compostela Activa, que se pode consultar na páxina web da Concellaría: www.maiscompostela.org. Un dos obxectivos do programa é fomentar a cultura emprendedora en Santiago, cubrindo dun xeito integral as diferentes etapas polas que pasa unha persoa emprendedora dende que ten a súa idea de negocio ata que constitúe a empresa. Todas esas etapas están plasmadas no microsite.
ALCALDÍA
A presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, será a Delegada Rexia na Ofrenda do Apóstolo
O xefe da Casa Real, Alberto Aza Arias, comunicou ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a designación por parte de S.M El Rey da presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino Santiago, como Delegada Rexia nos actos da tradicional Ofrenda ao Apóstolo, que se desenvolverán o 25 de xullo na Catedral de Santiago.