EDUCACIÓN
Aberta a Escola de Verán de Inglés
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, inauguraron no IES Rosalía de Castro unha nova edición da Escola Municipal de Verán de Inglés. Unha vez máis, moitas familias composteláns apostaron por inscribir aos seus fillos nestes cursos, que conxugan aprendizaxe e lecer.
OBRAS
Póñense en marcha varias obras de accesibilidade e de eliminación de barreiras
Por un importe de 199.800 euros foron adxudicadas diversas obras de accesibilidade supresión de barreiras arquitectónicas, incluídas no Convenio 2005-2006 subscrito co Goberno central e coa ONCE. Executaranse en seis semanas.
BOMBEIROS
O Servizo de Extinción de Incendios dótase de novo equipamento
A Xunta de Goberno aprobou a adquisición de diverso material para o persoal do Servizo de Extinción de Incendios. Deste xeito, dótase de novo equipamento ao corpo de bombeiros, por un importe de 16.278 euros.
OBRAS
Nova beirarrúa e melloras nas canalizacións para o carril de servizo na N-550 entre a Avenida de Lugo e o acceso a Fontiñas
O Goberno local asignou as obras de acondicionamento de carril de servizo na N-550, dende o punto quilométrico 61.995 ao 62.940. O importe de adxudicación é de 209.136 euros e o prazo de execución de catro semanas.
TURISMO
Volven ás rúas os "chaquetas vermellas"
Entre o 2 de xullo e o 31 de agosto Turismo de Santiago pon novamente en acción aos "Chaquetas vermellas", que percorrerán prazas e rúas compostelás ofrecendo información turística.