PROMOCIÓN ECONÓMICA
Máis premios para unha nova edición do Concurso de I+C
O Concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Turismo e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, presentou as bases do Concurso de Imaxinación máis Comercio 2007 (I+C). Nesta edición, o certame chega con máis premios e de maior contía.
FERRADURA ABERTA
A Banda Municipal de Música cambia de escenario para inaugurar Ferradura Aberta
O tradicional concerto que a Banda Municipal de Música vén ofrecendo na Rúa do Vila, os xoves ás 19:30 horas, cambia de escenario este xoves por mor da inauguración oficial de Ferradura Aberta. Así, o concerto desenvolverase ás 19:00 horas no Paseo Central da Alameda.
ALCALDÍA
Un grupo de enfermos de Párkinson conclúe a súa peregrinación solidaria
Despois de percorrer case 1.100 quilómetros, chegou a Compostela a delegación encabezada por tres enfermos de Párkinson que fixeron o Camiño de Santiago pola Ruta do Azahar. Esta peregrinación solidaria en bicicleta pretende chamar a atención sobre esta enfermidade e recadar fondos para a Asociación Párkinson Internet (APANET).
ALCALDÍA
Santiago de Compostela e Santiago de Cacém danse a man a través dun irmandamento
Co gallo da inauguración dunha exposición sobre o Camiño de Santiago na cidade portuguesa de Santiago de Cacém, os alcaldes do Concello de Santiago de Compostela e da Cámara Municipal de Santiago de Cacém asinaron un protocolo de irmandamento.