FESTAS
Espectacular exhibición de doma con cabalos de pura raza galega para festexar o día grande da Ascensión
Santiago de Compostela acolle o xoves 25 o día grande das Festas da Ascensión. Un amplo programa para gozar coa familia e tamén momentos de ocio e diversión para os máis novos. Comezará a xornada co Concurso Cabalar no recinto feiral de Amio, no que sementais da sección de doma do "Centro de Referencia do Cabalo de Pura Raza Galega" executarán unha serie de fermosos exercicios combinados de doma de alta escola e fantasías ecuestres. Dous cabalos de pura raza galega, "Artes e Azabache", realizarán aires...
INFRAESTRUTURAS
As obras da estrada de San Lourenzo, na súa recta final
Mellorar as condicións de seguridade na estrada de San Lourenzo é o obxecto da actuación que se está a levar a cabo nesta vía, a onde se achegou hoxe, mércores 24, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. O Pleno da Deputación da Coruña aprobará o xoves 25 de maio a última etapa deste proxecto –os dous primeiros xa están rematados–, que inclúe nova pavimentación, iluminación e actuacións paisaxísticas. O orzamento desta fase é de 545.354 euros.
PARQUES E XARDÍNS
Os nenos xa poden gozar do Parque da Constitución
O novo Parque Infantil da Constitución xa está a disposición dos máis novos. O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo e varios membros da Corporación Local participaron na inauguración deste singular espazo de integración, adaptado plenamente para o acceso dos nenos con diminucións físicas.
PLENO MUNICIPAL
Pontepedriña tamén contará cunha área de rehabilitación integral de vivendas
O Pleno da Corporación municipal aprobou a solicitude de declaración de área de rehabilitación integral (ARI) dos grupos de vivendas Compostela e Quiroga Palacios, en Pontepedriña. Esta actuación permitirá reformar 374 pisos, distribuidas en 41 edificios, nos que viven case 900 persoas.