PARQUES E XARDÍNS
Ábrese o Parque Infantil da Constitución
Un novo espazo infantil únese á oferta lúdica de Santiago. Trátase do Parque da Constitución, que será inaugurado oficialmente o martes 23, ás 19:00 horas. Este parque nace adaptado plenamente para o acceso dos nenos con diminucións físicas, convertíndonse no terceiro destas características co que conta a cidade, tralos da Alameda e de Fontiñas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Nova edición de Compostela Activa
O departamento de Promoción Económica e Emprego pon en marcha unha nova edición de Compostela Activa, unha iniciativa que pretende "reducir o desemprego e fortalecer o tecido produtivo de Santiago", en palabras do seu responsable, Xosé Manuel Iglesias. O programa conta cun concurso de ideas empresariais e cunha liña de incentivos.
CULTURA
O Teatro Principal acolle unha función benéfica de "Esperando a Godot"
O Teatro Principal acolle unha función benéfica en beneficio dos Comités de Solidariedade de Galiza (COSAL). Talía Teatro representará a obra Esperando a Godot e a cita é o mércores 24 de maio ás 21:00 horas.
EIXO ATLÁNTICO
Presentadas as accións do programa comunitario Mobilitas
O alcalde de Santiago e presidente do Eixo Atlántico, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á presentación aos medios de comunicación do Programa Mobilitas, un proxecto ao abeiro da iniciativa comunitaria Interreg III A (Subprograma Galicia-Norte de Portugal). O acto celebrouse no Museo do Pobo Galego.
ALCALDÍA
A duquesa dell’Aquila d’Aragona visita Santiago de Compostela
A duquesa Maria Luisa Gaetani dell ´Aguila d´Aragona, organizadora dunha exposición sobre o Camiño de Santiago no palacio Chiostro del Bramante de Roma, visita Santiago de Compostela xunto a un grupo de nobre italianos.
FESTAS
Un escenario de 120 metros cadrados, 80.000 vatios de son e 150.000 de luz para os concertos do campus
As festas da Ascensión arrancan o mércores 24 cun programa para todos os gustos e que convida á participación. Disparo de bombas e pasarrúas de gaiteiros animarán o ambiente a media mañá. Contra a tardiña, fanfarria; ás dez da noite, verbena coa Orquestra París no paseo central da Alameda; e ás once, apertura dos grandes espectáculos no campus sur, gratuítos, coas actuacións de Kiko Veneno e Muchachito Bombo Infierno, por esta orde. Sairán a un escenario de 12 por 10 metros...