TURISMO
O Convention Bureau presenta os seus servizos ao profesorado da USC
O Santiago de Compostela Convention Bureau presenta os seus servizos ante decanos e responsábeis de departamentos da Universidade de Santiago, a fin de reforzar a súa capacidade para convocar e captar congresos para a cidade.
ALCALDÍA
Homenaxe aos represaliados da USC entre 1936 e 1940
A Universidade de Santiago (USC) rendeu homenaxe aos profesores, estudantes e persoal represaliados entre 1936 e 1940. O acto celebrouse no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, e consistiu na entrega aos familiares dunhas medallas conmemorativas.
CULTURA
O finés Tuomas Ollila dirixe á Real Filharmonía de Galicia
O prestixioso director finés Tuomas Ollila chega ao Auditorio para dirixir á Real Filharmonía de Galicia nun concerto de corda en compañía do violoncellista italiano Mario Brunello. O programa estará composto polo "Tríptico Botticelliano", de Respighi; "Concerto para violoncello", de Rota; "Pavana para unha infanta defunta", de Ravel; e "Sinfonietta", de Poulenc. A cita é o xoves 15, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
EIXO ATLÁNTICO
Santiago acolle o Seminario de Fondos Europeos organizado polo Eixo Atlántico
Con motivo do inicio do novo período de programación dos Fondos Comunitarios 2007-2013, o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular organiza un seminario de información en Santiago de Compostela o 15 de marzo no Centro Sociocultural do Ensanche, a partir das 9:00 horas.
BENESTAR SOCIAL
O alcalde ofreceu o "Premio Reina Sofía" ás asociacións que traballan pola eliminación de barreiras
O Hostal dos Reis Católicos acolleu un acto no que o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, entregoulles ás asociacións da cidade que traballan en prol da eliminación de barreiras unha réplica do Premio Reina Sofía 2006 de Accesibilidade Universal recollido a semana pasada no Palacio da Zarzuela de mans da Raíña.
RELACIÓNS VECIÑAIS
As entidades veciñais xa poden solicitar axudas para a realización de viaxes culturais por Galicia
O concelleiro de Relacións Veciñais, Manuel Portas, presentou a convocatoria de viaxes "Coñecendo o País". Esta iniciativa, á que se destinan 24.000 euros, permitirá ás entidades veciñais a realización dun total de 36 viaxes culturais por Galicia.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Nacen tres novas empresas no marco do Proxecto Equal Compostela Social
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, presentou tres novas empresas creadas a través do Proxecto Equal Compostela Social. Son Alicerce, que ofrece servizos innovadores na planificación e divulgación do Patrimonio Cultural, Atalaia.Social, que realiza proxectos socioeducativos, e a galería e tenda de arte Petronio, na que tamén se imparten talleres de formación.
CULTURA
O Teatro Principal proxecta o documental "A derradeira lección do mestre"
Continuando cos actos da recuperación da memoria histórica, a Concellaría de Cultura proxectará xoves 15 no Teatro Principal, ás 20:00 horas e con entrada de balde, o documental "A derradeira lección do mestre", en colaboración coa CiG-Ensino e coa Agrupación Cultural O Galo. No acto de presentación participarán o concelleiro de Cultura en Compostela, Néstor Rego, o secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, e o responsable desta peza documental, Xoán Carlos Garrido.
OMIC
Compostela únese á celebración do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras e Usuarias
O xoves 15 de marzo celébrase o Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras e Usuarias, motivo polo cal a Concellaría de Sanidade e Consumo, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) vén celebrando unha serie de charlas-coloquio para informar á cidadanía sobre aspectos de interese os consumidores e usuarios.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reunirase co colectivo emigrante de Bos Aires e Montevideo
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, emprende o xoves 15, unha visita institucional de oito días a Arxentina e Uruguai, durante a cal manterá xuntanzas coa colectividade de emigrantes composteláns. Ademais, asistirá ao I Congreso Técnico Empresarial de Montevideo, que versará sobre o futuro dos emprendedores galegos no exterior.