CENTROS SOCIOCULTURAIS
A campaña "Ler, contar e gozar coas letras" promove a lectura a través de máis de 100 actividades nos centros socioculturais
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou a campaña Ler, contar e gozar coas letras, que se desenvolverá de abril a xuño nos centros socioculturais da cidade. Obradoiros, contacontos, recitais poéticos e outras actividades lúdicas e divulgativas compoñen esta proposta dinamizadora de animación á lectura.
CONSORCIO
Outros dous Premios Nobel visitan Santiago convidados polo Programa ConCiencia
O xaponés afincado en Estados Unidos Ei-ichi Negishi e o británico Tim Hunt, ambos os dous recoñecidos co Premio Nobel na pasada década, estarán en Compostela os próximos meses convidados polo Programa ConCiencia de Divulgación científica que convocan o Consorcio da cidade e a Universidade de Santiago.
CULTURA
"El testigo", con El Brujo, e "Grooming", de Teatro de la Abadía, próximas citas teatrais
O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron dúas das citas máis destacadas da programación de Teatro&Danza para este ano: El testigo e Grooming. Rafael Álvarez "El Brujo" protagoniza este venres 13, ás 21:00 horas no Auditorio, El testigo, adaptación teatral da obra de Fernando Quiñones, sobre a vida de Miguel Pantalón. E o xoves da seguinte semana, 19 de abril, tamén ás 21:00 horas,.../em>
XUNTA DE GOBERNO
Ábrese o prazo de reserva de praza e matrícula na Escola Municipal de Música para o curso 2012-2013
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a apertura do prazo de reserva de prazas na Escola Municipal de Música para o curso 2012-2013. Ademais, deuse conta da sinatura dos convenios coas diversas entidades sociais correspondentes a 2011.
ALCALDÍA
A Corporación acudíu á súa tradicional cita co Día de Santiago en Padrón
A Corporación compostelá desprazouse un ano máis á vila de Padrón para celebrar o Día de Santiago nas Festas de Pascua. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, encabezou a expedición. Desta vez, os concelleiros desprazáronse ata o lugar de celebración nun autobús de época.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E MEDIO RURAL
Encontro dos concelleiros de Participación Cidadá e Medio Rural cos veciños de Santa Cristina de Fecha e Villestro
Os concelleiros de Participación Cidadá, Francisco Noya, e de Medio Rural, Luis Bello, asistiron á tradicional chocolatada que, para celebrar a Pascua, organiza a Asociación de Veciños de Santa Cristina de Fecha.
SEMANA SANTA
Concorridas procesións nunha Semana Santa compostelá cada vez máis consolidada
Continúan as procesións e os actos litúrxicos con motivo da Semana Santa. Na tarde do Xoves Santo celebráronse as procesións do Xesús Flaxelado e da Última Cea do Salvador. Nesta última participou o alcalde, Xerardo Conde Roa, e outros membros da Corporación.
CULTURA
Ars Combinatoria e Germán Díaz protagonizan a segunda xornada do programa musical Semana Santa 2012
Logo do concerto do coro Vox Stellae na xornada inaugural chega a cita con Ars Combinatoria e Germán Díaz que estarán ás 20:00 e 22:00 horas na xornada do Xoves Santo. Seguimos así co programa musical Semana Santa 2012 que engloba nove concertos que se celebrarán na igrexa da Universidade, agás un que será no Auditorio de Galicia. Celébrase do 4 ao 8 de abril, e presenta unha ampla variedade musical, indo desde a época medieval ata o Barroco con algunha incursión no Romanticismo e no século XX . Todos...
FACENDA
A concelleira de Facenda reitera que o plan de axuste era "obrigatorio" e que conta con todos os informes técnicos favorables
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, reiterou en rolda de prensa que o plan de axuste é "obrigatorio para todos os concellos que non son capaces de pagar o que se lles debía aos provedores a 31 de decembro 2011" e que, polo tanto, remitiron a certificación de obrigas pendentes de pago a esa data ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, tal como marca o Real Decreto Lei 4/2012. É consciente de que o crédito, a pagar no período 2012-2020 será "gravoso" para o Concello, pero...
EDUCACIÓN
Máis de 90 escolares participan no programa de conciliación familiar da Semana Santa
O concelleiro de Educación, Ángel Currás, visitou os colexios Monte dos Postes e Raíña Fabiola, onde se están a desenvolver as actividades do Programa Municipal de Conciliación Familiar para a Semana Santa 2012. Máis de 90 escolares de educación infantil e primaria participan nas actividades, que se celebrarán tamén os días 4 e 9 de abril.