SEGURIDADE E FACENDA
As concelleiras de Seguridade e de Facenda solicitan comparecer no Pleno municipal
A concelleira de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, e a concelleira de Facenda, Persoal e Réxime Interior, Rosa Fernández Somoza, solicitaron a petición propia comparecer na próxima sesión ordinaria do Pleno.
ALCALDÍA
A cidade recobra a normalidade tras unha extraordinaria nevada
Santiago sufriu na madrugada do xoves ao venres unha intensa nevada que provocou un colapso no tráfico durante as primeiras horas da mañá. Os chuvascos de neve foron dunha magnitude e dimensión extraordinarias, "que non se recorda dende hai moitos anos", segundo dixo o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, o que causou problemas de circulación no tecido urbano.
CULTURA
Implicadas/os no Desenvolvemento celebra a quinta edición do "Implícate", noite de música e palabra solidaria
A presidenta de Implicadas/os no Desenvolvemento, María Reimóndez, e o actor Luis Tosar presentaron a V edición do festival Implícate, noite de música e palabra solidaria, que se celebrará o domingo 10, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. Esta cita chega á capital galega por quinto ano consecutivo co obxectivo de crear unha conciencia reflexiva e comprometida co desenvolvemento igualitario de todos os pobos e coa necesidade dun cambio global para erradicar a pobreza.
MEDIO AMBIENTE
O Concello recollerá as árbores de Nadal para a súa recuperación e reutilización
A partires do venres 8 de xaneiro e ata o venres 15, ambos incluídos, a Concellaría de Medio Ambiente realizará a recollida das árbores de Nadal que podan ser recuperadas.
CULTURA
A programación cultural de Santiago en 2010 reforzará as áreas das letras, o teatro, a danza e o cine
"Manter no 2010 os ciclos nos que se estrutura a programación cultural da cidade e reforzalos seguindo o criterio de sostibilidade" é a prioridade da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, quen explicou en rolda de prensa as dificultades económicas que conleva poder cumprir este obxectivo. Acompañada polo director do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, adiantou as colaboracións de diversas administracións coas que se contan e os recortes que se aplicarán, ademais das áreas que se...
ALCALDÍA
O alcalde afirma o compromiso de Santiago de Compostela cos valores da Unión Europea
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto institucional de exaltación da Presidencia española da Unión Europea. Esta cerimonia protocolaria foi a primeira dunha serie de actos que durante este primeiro semestre do ano pretenden contribuír a un maior coñecemento da realidade e dos proxectos da Unión Europea, así como da importancia do Tratado de Lisboa.
FACENDA
O Concello baixa as retribucións dos altos cargos nun 3% para este exercicio
Na Xunta de Goberno deuse conta do Decreto de Prórroga do Orzamento para o ano 2010 da Concellería de Facenda. Tal e como establece a Lei de Facendas Locais, ao iniciarse o exercicio económico sen entrar en vigor o novo orzamento considérase automaticamente prorrogado o orzamento do exercicio anterior ata a entrada en vigor do novo orzamento.
CULTURA
Vivica Genaux clausura "Todo Lírica"
O xoves 7 de xaneiro remata unha exitosa edición de Todo Lírica. IX Festival de Zarzuela de Santiago. A encargada desta clausura será Vivica Genaux, mezzosoprano nada en Alaska que regresa a Galicia tras os seus triunfos nas actuacións hai catro anos no Festival de Música Cidade de Lugo (recital que supuxo o seu debut en España) e na edición 2007 do Festival Via Stellae.
FESTAS
Os Reis Magos chegaron en dous segundos a Compostela con mil millóns de xoguetes
Os Reis Magos repartiron caramelos e ilusións un Nadal máis. Milleiros de nenos e nenas, acompañados das súas familias, viviron intensamente unha cabalgata que percorreu varias rúas compostelás ata chegar á praza do Obradoiro.
FESTAS
Oito carrozas, un tren de fantasía e 200 figurantes acompañarán aos Reis Magos
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou as actividades previstas para a Cabalgata de Reis. As súas Maxestades chegarán, un Nadal máis, e xa van 42, en tren, pero esta vez tamén cos seus tres camelos, que os acompañarán no seu percorrido polas rúas compostelás. Agárdase que unhas 50.000 persoas participen no desfile.