FAMILIA
Os nenos piden no Pleno axuda para aqueles que pasan por dificultades
O alcalde compostelán asistiu ao pleno infantil celebrado con motivo o Día Internacional dos Dereitos do Neno. Ángel Currás recibiu os nenos e nenas do CEIP López Ferreiro, convertidos en concelleiros por un día para reivindicar os seus dereitos e facer escoitar as súas principais demandas para a cidade.
CULTURA
Kiko Veneno celebra os 20 anos do disco "Échate un cantecito!" cun concerto especial no Compostela Rock
Kiko Veneno estivo en Compostela presentando todos os actos nos que estará esta semana na cidade. Nunha rolda de prensa xunto ao director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e o xerente da Zona Noroeste da SGAE, Juan Carlos Fernández Fasero; presentou o concerto de celebración dos vinte anos de Échate un cantecito!, a proxección do documental Dame Veneno e a mesa redonda posterior arredor da censura na música.
FAMILIA
Un pleno infantil inicia os actos para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos do Neno
O Concello de Santiago súmase á celebración do Día Internacional dos Dereitos do Neno, o martes 20 de novembro, cunha serie de actividades previstas para esta mesma xornada e para o sábado 24. Nesta edición, a conmemoración está especialmente dedicada ao dereito ao xogo.
MEDIO RURAL
Medio Rural acomete o desbroce de 197 quilómetros de pistas nas 21 parroquias
O concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, compareceu en rolda de prensa para presentar o proxecto de desbroces nas 21 parroquias do rural, aprobado hai uns días en Xunta de Goberno, por unha contía económica de 71.244 euros.
DEPORTES
O mellor do ciclocross galego reúnese un ano máis na Granxa do Xesto
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o XI Trofeo de Ciclocross Cidade de Santiago, que se celebrara o domingo 25 no entorno da Granxa do Xesto,nas categorías elite, sub-19, master 30, 40 e 50, júnior, cadete, féminas e sénior.
TURISMO
As Cidades Patrimonio promocionan a súa gastronomía en Madrid e Barcelona
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou as accións de promoción gastronómica que o Grupo de Cidades Patrimonio celebrarán en Barcelona e Madrid dentro do programa de actividades de celebración do 40 aniversario da Convención do Patrimonio Mundial. A concelleira estivo acompañada do cociñeiro Francisco Piñeiro e do responsable da empresa Queserías del Ulla, José Vascuas.
URBANISMO
Publicada a nova convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas dos ARI
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe luns publica a nova convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas nas áreas de rehabilitación de integral (ARI) de Vista Alegre, Pontepedriña e Casco Histórico. No caso de Vista Alegre, as axudas permitirán que se poñan en marcha outros seis proxectos de instalación de ascensores, co que serán xa 11 os bloques que conten con esta mellora da accesibilidade.
CONSORCIO
Guía botánica para descubrir as plantas dos muros históricos de Compostela
O Consorcio de Santiago e a editorial Alvarellos colaboran na publicación do libro La ciudad donde las piedras florecen, de José Antonio Díaz Peromingo. Trátase dunha guía botánica sobre as plantas que habitan os muros de pedra na cidade de Santiago.
ALCALDÍA
Santiago acollerá a vindeira Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
Santiago de Compostela será sede da vindeira Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España o 16 de marzo de 2013, e da súa Comisión Executiva o día anterior. Así se vén de acordar na Asemblea celebrada en Segovia e á que asistiu o alcalde compostelán, Ángel Currás.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Continúan os magostos nos barrios da cidade
O concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya, asistíu ao magosto organizado pola Asociación de Veciños A Ponderosa, do barrio de Guadalupe.