XUVENTUDE
O Ciclo Importa trae a Santiago á banda de culto Tindersticks
O Ciclo Importa, organizado pola Concellería de Xuventude e Sweet Nocturna abre o calendario de concertos de 2009 coa banda Tindersticks. Este recoñecido grupo chegará a Santiago o 11 de febreiro, cun concerto na Sala Capitol ás 20:30 horas.
BENESTAR SOCIAL
Santiago participa no concurso interxeracional "Tes unha historia que contar"
O Concello de Santiago, a través da Concellería de Benestar Social, participa xunto con outros 29 concellos, 27 universidades e as 17 comunidades autónomas no Concurso interxeracional Tes unha historia que contar. Mozos e maiores poden participar neste certame, que pretende contribuír a conservar a nosa memoria histórica.
DEPORTES
Once clubs optan aos Premios Deporte e Vida
A Fundación Compostela Deporte acolleu a presentación dos seleccionados para os Premios Deporte e Vida, enmarcados dentro do Plan Integral Deporte e Vida (PIDEVI), aos que optan once clubs e que se entregarán na Gala do Deporte Compostelán o 30 de xaneiro, no Hotel Puerta del Camino, ás 21:30 horas. Estes galardóns contan cunha dotación orzamentaria de 30.000 euros.
EMPREGO
O Servizo de atención ao público da Bolsa de Emprego de Promoción Económica atendeu 10.713 consultas en 2008
O Servizo de atención ao público da Bolsa de Emprego da Concellaría de Promoción Económica e Emprego atendeu 10.713 consultas no ano 2008. 6.879 peticións de información (o 64,2%), realizáronas mulleres. 5.562 consultas rexistráronse nas oficinas de Promoción Económica situadas na rúa do Hórreo, 100. As outras 5.151 peticións de información atendéronse a través do teléfono 981 568 752.
ALCALDÍA
O Consorcio convocará un concurso para redactar o Plan Especial da Rocha Forte
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos representantes da asociación cultural Rocha Forte para tratar temas relativos ao castelo da Rocha Forte e o seu contorno. O Consorcio da Cidade está a elaborar o prego de condicións para o concurso público para a redacción do Plan Especial da Rocha Forte previsto no PXOM.
XUNTA DE GOBERNO
Case 15 millóns de euros para 27 proxectos de reurbanización e de mellora de equipamentos e da rede de abastecemento
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a portavoz da Xunta de Goberno, Elvira Cienfuegos, presentaron os 27 proxectos aprobados inicialmente polo Goberno local para o seu financiamento no marco do fondo estatal de investimento local. Estes proxectos supoñen un investimento de 14.961.725 euros, o que supón o 90,2% do total do fondo previsto para Santiago.
BENESTAR SOCIAL
O Concello e o Foro de Inmigración lanzan varias campañas para sensibilizar aos escolares sobre a realidade do colectivo inmigrante
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín; o voceiro-coordinador do Foro de Inmigración, Miguel Fernández; e a súa vice-coordinadora, Rocío Rodríguez, presentaron unha serie de campañas de sensibilización en torno á inmigración no marco do Programa de Educación pola Convivencia. Estas actividades están dirixidas ao alumnado de primaria, ESO e bacharelato e levaranse a cabo nos centros de ensino de Santiago de Compostela durante o curso lectivo.
CULTURA
Teatro sen Repertorio preséntase no Principal con "Coriolano", unha adaptación de Shakespeare
Presentouse en Raxoi Coriolano, unha adaptación de William Shakespeare coa que se dá a coñecer a compañía compostelá Teatro sen Repertorio. A estrea da obra vai ter lugar os días 14 e 15 de xaneiro no Teatro Principal ás 21:00 horas. No acto estiveron presentes a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Elvira Cienfuegos; o director, adaptador e actor da obra, Antonio Travieso; e a actriz Ana Otero.
TURISMO
Santiago participa na primeira feira turística internacional dedicada aos grandes camiños de peregrinación
Unha delegación de Turismo de Santiago, encabezada polo concelleiro de Promoción Económica e Turismo, estará presente na 1ª Feira Internacional de Turismo Journeys of the Spirit Festival, que se desenvolverá en Roma entre o 15 e o 18 de xaneiro. O evento presentase como unha oportunidade para amosar unha nova forma de facer turismo a través da cal as persoas entren en contacto có territorio, coas tradicións e coa cultura mentres as percorren polas antigas vías de peregrinación que atravesan o continente...
TURISMO
Viños de Valdeorras e queixos de Arzúa-Ulloa na fin de semana de "Santiago Repetirás"
O sábado 17 xaneiro, o Parador Hostal dos Reis Católicos acolle unha nova cata de viños maridados con produtos galegos e un taller gastronómico para nenos. Organizadas por Turismo de Santiago e enmarcadas no programa Santiago Repetirás, ambas actividades terán lugar ás 18:00 horas.