GOBERNO MUNICIPAL
PSOE e BNG ratifican o Acordo de Goberno 2007-2011
O presidente do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o voceiro do Grupo Municipal do BNG, Néstor Rego, asinaron o Acordo de Goberno para lexislatura 2007-2011. O documento contén os compromisos programáticos e o reparto funcional das tarefas municipais.
CONSORCIO
O Consorcio e a Universidade poñen en marcha unha nova edición do programa "ConCiencia"
O Consorcio da cidade de Santiago subvencionará á Universidade para a realización dunha nova edición do programa de divulgación científica "ConCiencia", cunha achega económica de 70.000 euros. Así se desprende do convenio asinado entre o presidente do Consorcio e alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o reitor da Universidade, Senén Barro Ameneiro.
DEPORTES
Compostela e Ávila, unidas polo ciclismo
O novo concelleiro de Deportes Andrés Fariña, recibiu en Raxoi á concelleira de Deportes de Ávila, Patricia Rodríguez Calleja, e á Peña Ciclista "Amigos de Santiago" desta cidade.
PROMOCIÓN ECONOMICA
A Campaña de sensibilización para a formación chega a máis de 1.700 locais comerciais e hoteleiros
O persoal da Campaña de sensibilización para a formación, destinada a comerciantes e hostaleiros, e posta en marcha pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio no marco do Plan de Excelencia comercial visitou 1.703 estabelecementos.
ALCALDÍA
Destacados representantes da arquitectura contemporánea mundial reuniranse en Compostela no mes de novembro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi aos organizadores dos V Encontros Internacionais de Arquitectura, que se celebrarán en Santiago os días 8, 9 e 10 de novembro. O evento congregará a máis de 1.300 arquitectos no Palacio de Congresos, na que xa é a terceira edición que acolle Compostela.
ALCALDÍA
O camiño central do recinto feiral de Silleda convértese na Avenida de Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo asistiu á clausura da feira Semana Verde de Silleda xunto co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Alí destaparon unha placa no camiño central do recinto, que a partir de agora levará o nome de Avenida de Santiago.
CORPORACIÓN
PSOE e BNG presentaron as liñas xerais do acordo de goberno para a lexislatura 2007-2011
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o que será tenente de alcalde, Néstor Rego, presentaron as liñas básicas do acordo entre PSOE e BNG para gobernar o Concello de Santiago nos vindeiros catro anos. O acordo asinarase e presentarase en todos os seus termos o martes 19 de xuño.
ALCALDÍA
Xosé A. Sánchez Bugallo asume no seu terceiro mandato o reto de garantir "a continuidade do proxecto dunha cidade con calidade de vida e de servizos"
A lexislatura 2007-2011 terá como alcalde a Xosé A. Sánchez Bugallo, tras ser elixido por catorce votos favorables na sesión constitutiva da nova Corporación Municipal. Afronta así o seu terceiro mandato consecutivo, no que o seu maior compromiso, dixo, será "defender os dereitos dos composteláns, porque enre outras cousas, foron eles os que fixeron posible levar a diante o proceso de transformación de Santiago que comezou hai anos e que hoxe segue adiante.
CULTURA
A lembranza da derradeira estadía de Valle-Inclán na cidade abre a colección "Cadernos de Compostela"
"Valle-Inclán en Compostela. A derradeira estadía en Galiza", é o primeiro título da nova colección "Cadernos de Compostela", promovida pola Concellaría de Cultura. Estas publicacións nacen co obxectivo de promover os estudos locais, materia da que se encargará o Centro de Estudos Composteláns Ánxel Casal.
REHABILITACIÓN
"Reflexos": como recuperar unha cidade
O Teatro Principal acollerá os días 25 e 26 de xuño as xornadas "Reflexos. Recuperación dunha cidade". Trátase dun evento no que "os protagonistas non serán as Administracións, senón os comerciantes, os promotores e os técnicos que traballan no deseño da cidade", tal como explicou a concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico en funcións, Mercedes Rosón.