URBANISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Axudas de ata 10.000 euros para a rehabilitación de vivendas no ámbito dos camiños de Santiago
Os concelleiros de Participación Cidadá, Francisco Noya, e de Urbanismo, María Pardo, explicaron en rolda de prensa o Plan de Axudas para a Rehabilitación de Vivendas nos camiños de Santiago. Nesta mesma xornada detallaron o programa ás 31 asociacións de veciños dos ámbitos afectados, nunha reunión na que tamén participou o alcalde, Xerardo Conde Roa.
MOBILIDADE
O estacionamento Salgueiriños contará cunha área de servizo para autocaravanas
O estacionamento de borde de Salgueiriños incorporará a finais de outubro unha área de servizo para autocaravanas, segundo anunciou o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Albino Vázquez. Ademais de aparcar o vehículo, os usuarios poderán abastecerse de auga e eliminar as augas residuais.
EDUCACIÓN
O concelleiro de Educación reuniuse cos directores dos colexios públicos de Santiago
O concelleiro de Educación, Ángel Currás, reuniuse no Auditorio de Galicia cos directores dos colexios públicos de educación infantil e primaria de Santiago.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Nova edición do concurso de investigación e redacción "Falemos da nosa historia"
O CEIP López Ferreiro, coa colaboración da Concellaría de Cultura, Educación e Normalización Lingüística, convoca un ano máis o seu concurso de investigación e redacción "Falemos da nosa Historia", certame dirixido a escolares do 3º ciclo de educación primaria e a 1º ciclo da ESO de calquera centro da Comunidade Galega.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Os concelleiros asisten a clases de inglés
Os concelleiros do Goberno municipal están a asistir a clases de inglés. A decisión foi adoptada pola Concellería de Relacións Institucionais á vista da que o Concello de Santiago debe recibir case a diario representantes de diversas institucións internacionais.
ALCALDÍA
Santiago amplía a súa oferta cultural coa apertura do auditorio de Novacaixagalicia
O Auditorio Novacaixagalicia únese aos espazos de difusión cultural da cidade. O novo complexo foi inaugurado nun acto ao que asistiu, entre outros, o alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Bota a andar a Semana Cultural da Rocha
O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, inaugurou a VII Semana Cultural da Rocha "A memoria da xente". As actividades prolongaranse ata o sábado 24 de setembro.
ALCALDÍA
Reunión da Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade
O alcalde compostelán e presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, Xerardo Conde Roa, asistiu en Madrid á xuntanza da Comisión Executiva da devandita entidade.
TURISMO
A sinalización turística da cidade estará lista a finais do mes de decembro
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, mantivo unha reunión co Foro de Directores de Hoteis e coa directiva de Hostalería Compostela, na que abordaron asuntos como o posicionamento do destino de Santiago en Internet, a sinalización hoteleira, os proxectos gastronómicos, a incentivación do turismo de congresos ou a defensa do aeroporto de Lavacolla.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán anuncia un investimento duns 50 millóns de euros en 2012 grazas a acordos con empresas privadas
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, actuou como relator nun novo almorzo informativo do "Fórum Europa. Tribuna Galicia". Na súa intervención anunciou un investimento municipal en 2012 duns 50 millóns de euros, grazas a acordos con empresas privadas.