ALCALDÍA
O alcalde recibiu ao ministro de Educación de Namibia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao ministro de Educación de Namibia, Nangolo Mbumba, de visita en Galicia.
CULTURA
O Auditorio de Galicia exhibe unha selección da obra de Antón Mouzo
O mércores 18 de febreiro, ás 20:30 horas, inaugurarase no Auditorio de Galicia a mostra Antón Mouzo. A exposición presenta unha selección da obra do artista Antón Mouzo (Vimianzo, 1957 - A Coruña, 2007) como homenaxe a este relevante creador.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reuniuse nova directiva da Asociación de Veciños de Viso
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu á nova directiva da Asociación Cultural Recreativa e Veciñal de Viso, saída da asemblea celebrada o pasado 2 de outubro. A nova presidenta, Consuelo Alende García, no puido asistir á xuntanza por un problema familiar e foi escusada polo veterano membro do asociacionismo veciñal, José López, na actualidade vogal da actual xunta directiva.
CULTURA
Abe Rábade Trío no Ciclo de Concertos Didácticos do Auditorio de Galicia
O Auditorio de Galicia presenta a Abe Rábade Trío nun programa didáctico dedicado ao jazz os días 17 e 18 de febreiro, ás 11:00 h na sala Ángel Brage.
ALCALDÍA
Constituída a comisión que preparará a presenza de Santiago na Expo de Shanghai
O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia formalizaron no Pazo de Raxoi a constitución da Comisión Especial de Cooperación para apoiar a participación de Santiago de Compostela na Exposición Universal de Shanghai que se celebrará en 2010, acto que estivo presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro da Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu.
ALCALDÍA
O Concello cede á Xunta unha parcela na Choupana para a construción da nova Escola Oficial de Idiomas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro no Pazo de Raxoi coa conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, ao que tamén asistiron o secretario xeral da Consellería de Educación, Benito Fernández; a subdirectora xeral de construcións e equipamento, Paz Filloy; e a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez.
MEDIO AMBIENTE
A Concellaría de Medio Ambiente e Adega traen a Compostela unha exposición sobre o lobo
A concelleira dE Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, inaugurará o martes 17, ás 19:30 horas, no Centro Sociocultural José Saramago de Vite, a exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia". Esta mostra chega a Compostela da man da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, (Adega); o grupo ecoloxista ERVA e a Asociación de Amizade das Artes Galego-Portuguesa (AAAGP), e pretende ser un alegato pola conservación do lobo ibérico e os seus hábitats.
EMPREGO
Os Programas de Cooperación solicitados polo Concello contemplan insertar laboralmente a máis de 200 persoas
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo enviou á Consellería de Traballo a solicitude de subvención para desenvolver 27 Programas de Cooperación que contemplan insertar laboralmente a 202 persoas. O obxectivo destes programas é contratar a persoas desempregadas para que, a través do desenvolvemento de obras e servizos de interese para a comunidade, incrementen a súa formación e a súa práctica profesional, mellorando así as súas expectativas de reinserción.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade en Xapón
Turismo de Santiago promocionou a cidade en Xapón entre o 4 e o 7 de febreiro, nunha actividade na que participou Christina Oiticica, muller do escritor Paulo Coelho. A artista brasileira intenta retratar a través do seu traballo, de maneira simple e directa, o mundo, o presente e a sociedade actual. A súa obra está moi influída pola súa peregrinación a Santiago de Compostela, que fixo en xullo e agosto do 1990. Dende entón ten feito múltiples exposicións sobre o Camiño.
ALCALDÍA
O alcalde anima aos mozos a formarse para tomar a decisión máis axeitada cara o seu futuro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o I Encontro educativo para o desenvolvemento persoal da xuventude no mercado laboral Mantente en FORMAción, organizado polas concellerías de Educación e Xuventude. Desenvólvese no Palacio de Congresos os días 13 e 14 de febreiro.