PLENO
Seis novos nomes de rúas en Belvís, Fontiñas Meixonfrío
O Pleno municipal aprobou a denominación para seis novas rúas: dúas en Meixonfrío, dúas en Belvís e outras dúas en Fontiñas. A urxencia da aprobación destes nomes radica en que catro delas xa están habitadas e dúas máis están a piques de estalo.
CULTURA
Pisando Ovos, co seu espectáculo "No intre 1800", abrirá o programa de SCQ Danza
Presentouse o programa do festival SCQ Danza, que traerá, ate o mes de xuño, catro actuacións. A compañía galega Pisando Ovos será a encargada de inaugurar o programa co seu espectáculo "No intre 1800".
EMPRESAS MUNICIPAIS
Emuvissa e Tussa aproban con beneficios as contas de 2006
Os consellos de administración das empresas municipais Emuvissa e Tussa aprobaron as contas do exercicio 2006, en ambos casos con beneficios. No caso da Empresa Municipal de Vivenda e Solo, o saldo positivo foi de 678.577 euros, mentres que a Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago tivo un beneficio de 87.139 euros.
EDUCACIÓN
Un verán solidario e cunha ampla oferta de lecer
A Concellaría de Educación e Mocidade presentou a oferta de tempo libre para o verán, así como unha nova edición do programa de acollida de nenos e nenas saharauís "Vacacións en paz".
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Máis de mil persoas accederon ao mercado laboral en pouco máis de tres anos
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, presentou os resultados en materia de emprego durante a presente lexislatura. Mil seis persoas (entre alumnos dos cursos de formación, usuarios de proxectos experimentais, inscritos na Bolsa de Emprego, contratados a través de Programas de Cooperación, e contratados polas empresas xurdidas a través dos proxectos experimentais de emprego) accederon ao mercado laboral entre febreiro do 2004 e o 20 abril do 2007.
BENESTAR SOCIAL
"Viradeiras": un testemuño sobre a solidariedade galega
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a exposición "Viradeiras" no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche. Esta mostra pretende facer visible o labor das organizacións sociais e persoas que traballan en Galicia para alcanzar unha sociedade mellor.
CONSORCIO
Quince anos do Consorcio de Santiago: o balance dun éxito
Cando se van cumprir quince anos dende o primeiro Consello de Administración do Consorcio de Santiago, alá polo 28 de abril de 1992, esta entidade fai balance do seu traballo. Por iso sae á luz o estudo "Avaliación das Políticas Públicas do Consorcio de Santiago (1992-2006)".
CONSORCIO
"Santiago dC" amosa a relación entre o proxecto urbano de Compostela e a súa memoria
O Consorcio de Santiago celebra o seu XV aniversario cunha nova exposición, "Santiago dC", que estará no Banco de España ata 30 de novembro de 2007. A mostra recolle un bo número dalgunhas das mellores fotografías antigas da cidade, combinadas con outras que amosan a cidade actual e a súa evolución.
AUDITORIO
Homenaxe portuguesa no Auditorio de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia recorda cun concerto o aniversario da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974. Baixo a batuta de Jesús Amigo, o piano de Jorge Osorio e a voz de Ana Häsler, a orquestra compostelá repasa o 26 de abril temas portugueses bastante descoñecidos.
ALCALDÍA
Recepción a un dos principais difusores do espírito de Cervantes
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao artista Juan Queralt Blanch, coñecido especialmente pola súa interpretación dos dereitos humanos a través de "El Quijote" e do seu autor, Miguel de Cervantes.