ALCALDÍA
Padrón celebrou o Día de Santiago
As festas de Pascua de Padrón renderon homenaxe un ano máis a Santiago, co día dedicado á nosa cidade. O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo e a Corporación compostelá foron recibidos na Casa do Concello desta vila e viviron por unhas horas estas tradicionais celebracións xunto con padroneses e visitantes.
CULTURA
A Semana da Maxia traerá a Santiago aos mellores magos do panorama internacional
Maxia, que traerá á nosa cidade aos mellores magos do panorama internacional. Un total de 66 espectáculos repartiranse ao longo destes días en diversos espazos de Santiago como centros de ensino, hospitais, rúas da cidade, ademais do Teatro Principal e o Auditorio de Galicia.
ALCALDÍA
O alcalde e os veciños da Peregrina deron un repaso ás obras realizadas na parroquia
Xosé A. Sánchez Bugallo realizou unha visita á parroquia da Peregrina para conversar cos veciños sobre as obras realizadas e en execución, que afectan ao saneamento, aos vieiros, ao centro sociocultural e ao parque infantil.
TURISMO
Un novo voo a Málaga e a recuperación da conexión con París reforzan a presenza de Vueling en Lavacolla
A compañía aérea de baixo custo Vueling presentou os seus plans para os vindeiros meses no aeroporto de Lavacolla. A partir do 18 de maio, Santiago recuperará a súa conexión con París, e seis días máis tarde, a cidade quedará conectada directamente tamén con Málaga.
CONSORCIO
Dobre entrega musical para o Xoves Santo
O novo cuarteto de corda da Real Filharmonía de Galicia e La Grande Chapelle protagonizan unha nova xornada do Festival de Músicas Contemplativas. As igrexas das Orfas e das Ánimas acollerán, respectivamente, estes dous concertos o día de Xoves Santo.
CENSO
Expostas as listas do censo a partir do luns 9 de abril
Dende o luns 9 de abril e ata o día 16, estarán expostas ao público as listas do censo. Todos os cidadáns deben consultar a súa situación, especialmente as persoas que cambiaron de domicilio e os que cumpriron 18 anos.
SEMANA SANTA
Devoción, sabores e música na Semana Santa de Compostela
A cidade celebra a Semana Santa cunha ampla oferta de actividades que combinan as procesións e os actos litúrxicos cunha oferta complementaria en forma de rotas gastronómicas e música. En colaboración coa Xunta de Confrarías, Turismo de Santiago preparou unha serie de propostas que enriquecen a oferta turística durante estes días.
CONSORCIO
Música de tradición islámica sufí na Igrexa da Universidade
Unha nova proposta do Festival de Músicas Contemplativas trae á igrexa da Universidade a mellor musica islámica de tradición sufí. Chegará da man de Ikhwan Al-hadra (Os irmáns da presenza) o mércores 4 de abril, ás 22:30 horas.
EIXO ATLÁNTICO
Preséntase o I Trofeo de Automóbiles Clásicos do Eixo Atlántico
Vila Nova de Gaia (Portugal) acolle o mércores 4 a presentación do I Trofeo de Automóbiles Clásicos do Eixo Atlántico, organizado pola empresa portuguesa Ibero Clásicos en coordinación co Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Santiago formará parte do percorrido da segunda etapa.
MULLER
Nova convocatoria de subvencións para o movemento asociativo e de defensa da muller
Veñen de aprobarse as bases e o orzamento, por un importe de 25.000 euros, da convocatoria de subvencións ao fomento do movemento asociativo e de defensa da muller para 2007. O prazo de solicitude será de 20 días a partir da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP).