IGUALDADE
O curso "A saúde a través da arte" ensina a quince mulleres a redescubrir as súas habilidades a través da plástica
Vén de comezar no Centro Sociocultural das Fontiñas a terceira edición do curso A saúde a través da arte, organizado pólo Centro de Información á Muller da Concellería de Igualdade. Na nova convocatoria desta singular experiencia terapéutica e plástica conflúen as mulleres que asistiron á edición de xaneiro de 2009 e á de outubro do mesmo ano.
COMERCIO
Promoción Económica desenvolve esta primavera un programa de dinamización e promoción do sector comercial
O concelleiro de Promoción Economica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a campaña Esta primavera, máiscomercio. Merca en Compostela. A túa capital de compras.
MEDIO AMBIENTE
A Selva Negra estará acondicionada a principios do verán
Os escolares do CEIP Raíña Fabiola plantaron máis de 600 exemplares de pequenas árbores e pequenos arbustos na Selva Negra, que se unen aos preto de 1.000 exemplares autóctonos xa plantados nesta superficie. Con este acto, retrasado por razóns climatolóxicas, celebrábanse os días da Árbore e da Auga, que tiveron lugar os días 21 e 22 de marzo, respectivamente.
BENESTAR SOCIAL
Camiñada de concienciación sobre o autismo
No Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, un grupo de máis de 200 afectados por este trastorno, familiares, traballadores e voluntarios realizaron unha camiñada ata Santiago, organizada pola Federación Autismo Galicia.
ALCALDÍA
Unha nova entidade para potenciar a ópera
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu á Asociación de Amigos da Ópera, recentemente constituída.
CONSORCIO
Paul Daniel dirixe no Auditorio "A canción da Terra" para conmemorar o Ano Mahler
A Real Filharmonía de Galicia celebra o xoves 8 no Auditorio de Galicia o ano dedicado ao compositor Gustav Mahler coa programación de A canción da Terra, na versión de Arnold Schoenberg para conxunto de cámara.
CULTURA
Curtocircuíto impulsa un obradoiro que mestura conceptos dixitais e analóxicos
A Semana Oficial do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, organizado pola Concellaría de Cultura, dará comezo o 23 de maio. Como cada ano, o festival prepara actividades formativas entre as que destaca o obradoiro Paleta Gráfica Codeco, que dará comezo o luns 24 de maio e pretende que os participantes aprendan unha técnica clásica de animación dun xeito diferente.
ALCALDÍA
Campo de fútbol con herba artificial de última tecnoloxía para Villestro
Co obxecto de responder ás necesidades da parroquia de Villestro, onde se vén desenvolvendo unha intensa actividade futbolística dende hai anos, o Concello vai construír alí un novo campo de herba artificial que substituirá ao actual de area. O proxecto está incluído no Fondo Estatal para a Sostibilidade Local e conta cun orzamento de 800.000 euros. As obras iniciaranse en maio e estarán rematadas en decembro.
CULTURA
Femi Kuti e Sergi López, nomes propios da programación cultural de abril
A música e as artes escénicas volven ter un protagonismo especial na programación cultural do mes de abril. O ciclo Sons da Diversidade trae ao rei do afrobeat, o nixeriano Femi Kuti, e o ciclo Teatro e Danza en Xira presenta a Sergi López co monólogo Non solum. Ademais celebrarase o Día Internacional da Danza coa posta en escena de Sono silente, da compañía galega Bstudiodanza.
EDUCACIÓN
"La familia C" gaña o III Premio Compostela de Álbums Ilustrados
O traballo presentado polos barceloneses Mariona Casaba Cortés (ilustracións) e Pep Bruno Galán (texto), titulado La familia C. El tragasables y la mujer barbuda foi o gañador da III edición do Premio Compostela de Álbum Ilustrado, convocado pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora no marco da X Campaña de Animación á Lectura. Nesta terceira convocatoria do galardón participaron 519 traballos procedentes de 22 países