PROMOCIÓN ECONÓMICA
Péchase o prazo de inscrición no Curso de especialista en asistencia persoal
O xoves 6 de setembro remata o prazo inscrición no Curso de especialista en asistencia persoal, enmarcado no Proxecto Persoa III, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. O programa ten como obxectivo promover a integración laboral de desempregados a través da súa participación nun proceso integral de inserción (formación, prácticas en empresas e apoio á colocación) en ocupacións consideradas como novos xacementos de emprego. A actividade formativa, da que...
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago prorroga ata o 31 de decembro a mostra "Santiago dC"
O Consorcio de Santiago decidiu prorrogar ata o 31 de decembro a exposición que, co título de "Santiago dC", está aberta na sede do antigo Banco de España. Este período de ampliación coincidirá deste xeito coa cesión definitiva do edificio por parte do Ministerio de Economía e Facenda ao Consorcio o 1 de xaneiro de 2008.
BENESTAR SOCIAL
O Concello achega 7.500 euros a tres entidades sociais para o desenvolvemento dos seus programas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou tres convenios de colaboración cos presidentes da Asociación Galega de Lupus (AGAL), María Eugenia Escudero Prado; da Asociación Galega de Dano Cerebral "Sarela", José Balboa Ayán; e da Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental, Lorena Alvite; A institución municipal aportará un total de 2.500 euros a cada agrupación para que poidan poñer en marcha diversos programas.
EDUCACIÓN
Preto de 100 rapaces participan cada día na edición de setembro da Escola Municipal de Verán
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, realizou unha visita aos catro centros onde se desenvolve a Escola Municipal de Verán na súa edición de setembro. Entre 60 e 100 rapaces están a participar diariamente nesta convocatoria lúdica e educativa, a realizarse entre o 3 e o 7 de setembro.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica selecciona novos alumnos para cubrir as últimas prazas do curso de eficiencia enerxética
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo abre un novo proceso de selección para cubrir as últimas prazas que quedan para o curso de Eficiencia enerxética, automatización e xestión da enerxía na vivenda, que comezará o 11 de setembro. As persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas da Concellaría ubicadas na porta 9 do Multiusos de San Lázaro, na Avda. Fernando Casa Novoa, número 20, de nove da mañá a dúas da tarde. Deberán traer o DNI, a...
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Verán botou a andar na súa edición de setembro en catro centros educativos
A sexta edición da Escola Municipal de Verán botou a andar na súa edición de setembro. Organizada polo Departamento de Educación do Concello de Santiago, en colaboración coas diversas asociación da cidade, como Don Bosco, Asociación Galega para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Asociación Xuvenil Cruz Vermella e Fundación Fesán entre outros, desenvolverase nos CEIP de Fontiñas, Quiroga Palacios, Colexiata de Sar e Pío XII. Será do 3 ao 7 de setembro.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Sete proxectos premiados no Concurso de Novas Ideas Empresariais de Compostela Activa
Artefacto Producciones, ELA Enxeñería e Medio Ambiente, Adestra Vida, I+D SL, ASLI Axencia de Servizos Lingüísticos Integrais, EIRADO Consumidores de Produtos Ecolóxicos e O Gato Verde foron os sete proxectos premiados no Concurso de Novas Ideas Empresariais Compostela Activa 2007. Presentáronse 27 proxectos empresariais a este certame, que estimula e apoia a persoas que teñen unha idea de negocio, facilitándolles a posta en marcha do proxecto empresarial.
CULTURA
O Concello rehabilitará a Casa das Máquinas (Galeras) para albergar o Centro de Estudos Locais Ánxel Casal
A Casa das Máquinas (o edificio de Fenosa en Galeras) será rehabilitado para albergar o Centro de Estudos Locais Ánxel Casal. Este proxecto ponse en marcha coa aprobación por parte da Xunta de Goberno e o inicio do expediente de contratación de dúas asistencias técnicas: unha para a redacción do proxecto básico (29.991 euros) e outra para a realización de análises específicas dos materiais estruturais e catas da cimentación do edificio (17.400 euros).
URBANISMO
Cen mil euros para actualizar a cartografía municipal
O Goberno local aprobou o prego e iniciou o expediente de contratación dunha asistencia técnica para a actualización permanente da cartografía de referencia municipal. O tipo de licitación será de 100.000 euros, que permitirán a obtención de cartografía numérica renovada, utilizando como documentación de partida a actual.
EDUCACIÓN
Adxudicada a xestión da Escola Municipal de Música
A Xunta de Goberno adxudicou á empresa Trobeiro a xestión da Escola Municipal de Música. O importe desta adxudicación é variable en función do número de alumnos. Así, ata 200 persoas matriculadas, será das tarifas dos usuarios máis 120.000 euros. A partir de 200 matriculados, o importe estará composto polas tarifas dos usuarios máis 360 euros por alumno e ano, cun máximo de achega municipal de 90.000 euros.