TURISMO E CULTURA
Juan Pablo Etcheverry imparte un obradoiro de animación para nenos durante a Semana Oficial de Curtocircuíto
Un grupo de cativos entre 8 e 10 anos terá a oportunidade de iniciarse na animación en plastilina da man do director Juan Pablo Etcheverry, gañador do Premio á Mellor Curtametraxe da Academia do Cine Europeo.
CULTURA
A soprano Elisabeth Watts protagoniza o terceiro concerto do Ciclo de Lied
A IX edición do Ciclo de Lied de Santiago, que organiza a Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación Galega da Lírica entra nos seus últimos días. A protagonista do terceiro dos concertos é Elizabeth Watts, unha cantante que debuta en Galicia cun variado programa dedicado á canción francesa no Teatro Principal (martes 30 de setembro ás 20:30 horas).
ALCALDÍA
Stephen Hawking: "Gardarei Santiago de Compostela como o meu recordo máis preciado"
O público ateigou o Palacio de Congresos para asistir á entrega do Premio Fonseca 2008 a Stephen Hawking. O galardón recoñece a "excepcional mestría" de Hawking "na popularización de conceptos complexos da Física no extremo último da nosa comprensión do Universo, combinada coa máis alta excelencia científica". Despois desta cerimonia, o científico británico pronunciou unha conferencia titulada "Saíndo do burato negro".
ALCALDÍA
O novo Centro de Saúde de Galeras dará asistencia a 10.000 habitantes
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo e a conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, presidiron a constitución da Comisión Técnica de Seguimento Servizo Galego de Saúde - Concello de Santiago de Compostela. Nesta xuntanza, presentouse o proxecto arquitectónico do Centro de Saúde de Galeras e o funcional do futuro centro de Conxo.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo ve "certa extralimitación e extemporaneidade" nalgúns contidos do informe do ICOMOS sobre o teleférico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou o seu "respecto, compatible coa plena discrepancia" co informe do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS), sobre o teleférico que uniría Belvís coa Cidade da Cultura. Ademais, ve "certa extralimitación e extemporaneidade" nalgúns contidos do documento.
URBANISMO
Santiago lidera en Cracovia un proxecto europeo que aborda a vivenda como factor social
Unha delegación encabezada pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, viaxará a semana próxima a Cracovia, en Polonia, para coordinar o grupo de traballo do proxecto do URBACT, SUITE The Housing Project. A vivenda: un factor para a inclusión social e urbana e para a calidade de vida nas cidades, do que é xefe de fila.
CULTURA
Sons da Diversidade cumpre cinco anos coas actuacións de Fuxan os Ventos, Manu Dibango e Aynur
A Casa do Concello acolleu a presentación da programación do festival de música Sons da Diversidade para os meses de outubro, novembro e decembro. Ademais, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, repasaron os cinco anos que cumpre o festival.
TURISMO
Vivir Compostela converte aos santiagueses nos mellores embaixadores da cidade
Turismo de Santiago desenvolverá en outubro o programa Vivir Compostela, co obxectivo de converter ás persoas que viven en Santiago nos mellores embaixadores da cidade. Esta edición conta con 26 visitas e actividades de balde, seis máis que en 2007.
ALCALDÍA
O Ateneo de Santiago inicia as súas actividades
O renacido Ateneo de Santiago comeza neste outono a desenvolver as súas actividades. Unha representación desta institución, encabezada polo seu presidente, Salvador García-Bodaño, e polo seu secretario, Francisco Candela, visitaron Raxoi para darlle a coñecer ao alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, estas actividades.
PLENO
Visto bo ao estudo de detalle para a rehabilitación integral de Vista Alegre
O Pleno municipal aprobou por unanimidade o estudo de detalle para a rehabilitación integral de Vista Alegre. Este documento, redactado polos arquitectos Celestino García Braña e Isabel Aguirre, ofrece unha cobertura normativa aos cambios físicos que se producirán en virtude desta intervención.