FESTAS
O folclore galego e os coches antigos, protagonistas dunha nova xornada das Festas do Apóstolo
As Festas do Apóstolo viviron unha nova xornada, na que destacaron o Concurso de Traxes de Época e Coches Antigos da praza de Praterías e a primeira entrega das Xornadas de Folclore Galego da Quintana.
CONSORCIO
Vinte e catro canteiros devolveron a praza do Obradoiro á súa función orixinal
No marco das iniciativas encamiñadas á difusión e revalorización dos oficios relacionados coa rehabilitación, o Consorcio de Santiago e a Fundación Laboral da Construción convocaron o IV Concurso Canteiros no Obradoiro, celebrado na praza do Obradoiro.
PARQUES E XARDÍNS
Entregados os premios aos mellores balcóns
A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, entregou os premios aos gañadores do IV Concurso de Balcóns, convocado polas concellarías de Medio Ambiente e de Urbanismo e que, neste edición, abríase por primeira vez a todo o termo municipal. O xurado e o público elixiron os mellores balcóns do Casco Histórico, do resto do municipio e tamén dos establecementos hostaleiros.
FESTAS
Santiago e Padrón renovan a vontade de colaboración entre ambas vilas
Como en cada edición das Festas do Apóstolo, celebrouse o Día de Padrón en Santiago, do mesmo xeito que na Pascua padronesa se conmemora anualmente o Día de Santiago. Foi unha nova oportunidade para afirmar os lazos que unen a estas dúas vilas.
URBANISMO
Os proxectos de recuperación da finca do Espiño e do palacete serán os primeiros en licitarse tras a aprobación dos orzamentos
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, compareceu en rolda para informar sobre a finca do Espiño. Ademais de explicar a tramitación do proxecto, anunciou que a recuperación da finca como parque público e o arranxo do palacete serán os primeiros proxectos que se liciten tras a aprobación dos novos orzamentos.
FESTAS
Budiño presentoulle ao público compostelán as versións máis actuais dos seus temas
A primeira sesión dos concertos Quintana de Vivos, organizados polos catro establecementos hostaleiros da Quintana, levou ata a praza a Xosé Manuel Budiño e os seus convidados. Xuntos agasallaron ao público con varias horas de boa música.
ALCALDÍA
Encontro de Ángel Currás con Paulo Caucci
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi o profesor Paolo Caucci, director da Cátedra de Estudos Xacobeos da Universidade de Perugia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O alcalde viviu unha xornada de xogos populares con 80 nenos e nenas grazas ao programa "Vive o verán"
O alcalde compostelán, Ángel Currás, gozou dunha xornada de xogos populares na Casa das Asociacións de Cornes xunto con 80 nenos da cidade poñendo a proba a súa destreza coa chave ou a petanca grazas ao programa Vive o verán 2012.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ruta en bicicleta polo Pedroso no marco das actividades de "Vive o verán"
Seguen as actividades do programa Vive o verán 2012. O domingo 29 de xullo, na Granxa do Xesto, a partir das 10:00 horas, celebrarase unha ruta en bicicleta de montaña polo Pedroso.
ALCALDÍA
O alcalde subscribe accións do Obradoiro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, mantiveron unha reunión co presidente do Obradoiro, Raúl López, e co director xeral do club, José Luis Mateo. No encontro formalizouse a subscrición de accións a título particular por parte do propio alcalde, nun acto simbólico que quería referendar o compromiso do Concello co club.