EDUCACIÓN
Nadalxogo ofrece un espazo de conciliación e lecer a 300 escolares composteláns
Dende o 23 de decembro estase a desenvolver unha nova edición de Nadalxogo, que desta vez se celebra en tres centros educativos da cidade. As actividades continúan do 27 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro.
ORZAMENTOS
Os orzamentos 2012 situaranse entre os 85 e os 90 millóns de euros e terán teito de gasto
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, anunciou que os orzamentos municipais para 2012 aprobaranse previsiblemente a finais de xaneiro ou principios de febreiro, e non antes do 31 de decembro, como se estimaba inicialmente. Indicou que esta situación é unha "excepcionalidade", que obedece a un principio de "prudencia" á espera de ter máis datos sobre as medidas económicas e os ingresos do Estado.
TRÁFICO
Sete mil quilos de sal para afrontar as xeadas
Como consecuencia das baixas temperaturas e das xeadas, o Concello puxo en marcha o plan contra xeadas e nevadas. Malia que polo momento non se ten aparecido moito xeo, xa se ten vertido sal nalgunha rúa e beirarrúa, segundo explicou o concelleiro de Tráfico, Albino Vázquez.
XUNTA DE GOBERNO
Novos postes electrónicos de información nas paradas do transporte urbano
A Xunta de Goberno local aprobou a instalación de dez novos postes informativos na rede de transporte urbano. Ademais, deu o visto bo á cesión de instalacións para un torneo benéfico de fútbol sala.
XUNTA DE GOBERNO
O Obradoiro acollerá unha festa de fin de ano con uvas, orquestra e fogos de artificio
O Goberno local deu o visto bo a un gasto de 16.000 euros para as celebracións de fin de ano. Seguindo con Nadal, procedeuse a contratarse as carrozas da Cabalgata de Reis, evento ao que se destinan, en total, 55.000 euros.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural de Pontepedriña renova a fachada e o xardín
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visitou o Centro Sociocultural de Pontepedriña (situado na rúa Amor Ruibal), tras as obras realizadas no mesmo.
DEPORTES
Santiago acollerá un partido internacional da selección española de fútbol feminino
O Estadio de San Lázaro será escenario, o 15 de febreiro, dun partido internacional da selección feminina de fútbol, segundo anunciou en rolda de prensa o concelleiro de Deportes, Adrián Varela. O combinado español enfrontarase a Austria.
BENESTAR SOCIAL
Os usuarios dos servizos sociais xa poden ser atendidos o mesmo día para a primeira cita
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, explicou a reorganización que realizou o seu departamento, de tal xeito que, segundo dixo, "o tempo de espera para unha primeira cita reduciuse a cero", polo que os usuarios poden ser atendidos o mesmo día. Esta organización –explicou- ten o obxectivo de "ofrecer un mellor servizo aos cidadáns e unha atención axeitada ao momento que nos atopamos, no que aumentou a concorrencia de persoas aos servizos sociais municipais".
ALCALDÍA
Conde Roa anima os empregados municipais a seguir traballando con determinación por un Santiago mellor
Como cada ano por estas datas, o alcalde recibiu os traballadores municipais para desexarlles un bo Nadal e un satisfactorio ano 2012. Foi tamén momento para homenaxear os traballadores que se xubilaron neste ano que acaba.
ALCALDÍA
O alcalde felicita o Nadal aos composteláns
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi unha representación das asociacións veciñais da cidade e de diversos colectivos da cidade. Con este acto quixo felicitar o Nadal aos santiagueses.