CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de inscrición na viaxe á costa vasca do programa "Imos de excursión 2013"
A Concellería de Centros Socioculturais abre a partir deste martes 25 de xuño, ás 17:00 horas, o prazo para participar na próxima viaxe organizada no marco do programa Imos de excursión 2013. Será a denominada "Costa vasca", que se desenvolverá os días 11,12,13 e 14 de xullo de 2013.
TURISMO E SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello establecerá protocolos e estudará unha posible rebaixa de taxas para promover Santiago como escenario de rodaxes
Os concelleiros de Turismo, Reyes Leis; de Seguridade Cidadá, Luis Bello; e de Facenda, Cecilia Sierra, reuníronse para establecer mecanismos e protocolos para facilitar que as produtoras se interesen por Santiago como escenario para a rodaxe de filmes, documentais ou publicidade. Deste labor de promoción encárgase a Santiago Film Comission, organismo dependente de Turismo de Santiago.
URBANISMO
A rúa da Raíña deixará de ter a cualificación de zona saturada de ruído
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou que se vai revisar o decreto de zonas saturadas, a fin de adaptalo a algunha situación e normativa actual.
URBANISMO
O Concello externalizará a disciplina urbanística en materia de limpeza urbana
O Concello vai externalizar o servizo de disciplina urbanística en materia de medio ambiente urbano, segundo anunciou a concelleira de Urbanismo, María Pardo. O obxectivo desta medida, dixo, é "facer efectiva a aplicación" da Ordenanza reguladora de convivencia, residuos e limpeza viaria.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Recepción municipal á Peña Cicloturista Amigos de Santiago da cidade de Ávila
Os concelleiros Luis Bello, Amelia González e Adrián Varela recibiron en Raxoi os integrantes da Peña Cicloturista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, que concluíron a edición XXVI da súa ciclomarcha a Compostela.
ALCALDÍA
O alcalde participou en Madrid no Consello Territorial da FEMP
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á reunión do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), celebrada na sede deste organismo en Madrid.
TURISMO
Área Santiago amósalle o seu proxecto a Turismo de Galicia
Representantes de Área Santiago, grupo de traballo 19 concellos dos arredores de Santiago para a promoción turística conxunta, reuníronse no Pazo de Raxoi co director de Competitividade de Turismo de Galicia, José Luis Maestro, para amosarlle o proxecto que se está a desenvolver dendo o colectivo creado recentemente. Por parte de Área Santiago participou a concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis; o alcalde de Vedra, Carlos Martínez; e os concelleiros de Turismo de Teo e Vila de Cruces, Anxo Rey e María Beatriz Iglesias.
TURISMO
As pernoctacións en Santiago de Compostela subiron un 10,4% en maio
Santiago sumou no mes de maio de 2013 un total de 118.247 pernoctacións, fronte ás 107.153 que se produciron no mesmo mes do ano pasado, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Isto tradúcese nun crecemento do 10,4% respecto dos datos do 2012. Analizando os datos dispoñibles do INE dende 2005, compróbase que foi o terceiro mes de maio con maior número de pernoctacións, só superado polos meses de maio do Ano Santo 2010 e do ano 2008.
COMERCIO
Grupo de traballo sobre aproveitamento de locais dentro do programa de dinamización económica do barrio de San Pedro
O salón de actos do Museo do Pobo Galego acolleu o grupo de traballo participativo "Aproveitamento de locais como motor de dinamización local. Oportunidade de negocio", dentro do programa San Pedro para vivir, San Pedro para traballar. Locais comerciais libres: unha oportunidade, organizado pola Concellería de Comercio no marco do programa europeo Urbana Santiago Norte, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
CURSOS INTERNACIONAIS
Celebrada a Xunta Xeral da Sociedade Anónima de Cursos Internacionais
As concelleiras Rebeca Domínguez e Reyes Leis asistiron no Colexio de San Xerome á Xunta Xeral da Sociedade Anónima de Cursos Internacionais.