DEPORTES
San Lázaro contará con novo céspede
A empresa concesionaria do mantemento dos campos de fútbol de San Lázaro I e II, iniciou os traballos de mellora da superficie de céspede do Estadio de San Lázaro. O obxectivo desta actuación é mellorar as condicións de absorción de auga entre a capa de céspede existente en superficie e a grava de drenaxe, situada a 20-25 centímetros.
XUNTA DE GOBERNO
Urbanismo estrea impresos normalizados para comunicar actividades e obras menores
A Xunta de Goberno deu o visto bo aos novos modelos de comunicación de actividades e obras menores. Os novos impresos son máis sinxelos de cubrir polos empresarios e particulares que desexan poñer en marcha un negocio, modificar unha actividade en funcionamento ou acometer obras menores nun establecemento ou nunha vivenda.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan os talleres do programa "Achégate a outras culturas" nos centros socioculturais
No escenario dun mundo globalizado, onde as relacións e a comunicación entre as persoas de distintos países por motivos de formación, traballo e ocio son unha constante, parece importante estimular a mellora destes procesos de intercambio cultural no que as competencias lingüísticas xogan un papel fundamental para a comprensión e o respecto das diversas identidades culturais. Po riso, a Concellería de Centros Socioculturais continúa a desenvolver o programa Achégate a outras culturas a través de...
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o novo embaixador de Uruguai en España, Francisco Bustillo
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi o novo embaixador de Uruguai en España, Francisco Bustillo Bonasso, de visita en Galicia.
BENESTAR SOCIAL
Benestar Social pon en marcha a segunda edición da Operación Cueiro
A concelleira de Familia e Benestar Social, María Castelao, informou da apertura da segunda edición da Operación Cueiro, que pretende recoller cueiros que logo se destinarán a familias en situación de extrema necesidade. Agarda repetir o éxito da primeira edición, na que se doaron máis de 7.000 cueiros.
CULTURA
"A historia do Rock. De Elvis a Vetusta Morla", nun programa par aos máis novos
Encaixar seis décadas de historia da música popular en hora e media é un reto arduo. Nacida da man dos cambios sociais amparados pola prosperidade das sociedades occidentais tras a 2ª Guerra Mundial, a emerxente música xuvenil (pop no seu máis amplo sentido) foi desenvolvendo un ilimitado protagonismo que calará decisivamente nas mais diversas manifestacións da Cultura Popular do Século XX. A función de A historia do rock. De Elvis a Vetusta Morla terá lugar no Teatro Principal o domingo 21 de abril, ás...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Viaxe a Cambados e Ribadumia dentro do programa "Imos de excursión"
A Concellería de Centros Socioculturais abre o prazo de inscrición para participar na próxima excursión organizada no marco do programa Imos de excursión 2013. É a denominada "Galicia etnográfica", prevista para o sábado 11 de maio.
TURISMO
As pernoctacións en Santiago subiron un 27,3% no mes de marzo
Durante o pasado mes de marzo producíronse 72.845 pernoctacións na cidade, que representan un crecemento do 27,3% respecto ás 57.210 do mesmo mes do ano anterior, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). O crecemento apoiouse en importantes aumentos de pernoctacións tanto domésticas como internacionais.
COMERCIO
Servizo de flocos de millo gratuíto o venres 26 de abril dentro do programa de dinamización Santiago Comercio de Cine
A campaña dos Premios ao Comercio Compostelán 2013. Santiago Comercio de Cine, que está a ter unha boa acollida pola cidadanía, ten coma data límite o día 8 de maio para que os comercios da cidade se inscriban nas diferentes categorías e os composteláns fagan as súas votacións nas categorías de Comercio Agarimo e Comercio de Barrio.
PLENO
A Corporación aprobou inicialmente o orzamento municipal para 2013
Nunha sesión extraordinaria, o Pleno da Corporación aprobou inicialmente o orzamento municipal para este exercicio 2013, así coma o seu cadro de persoal. Tamén se deu conta da liquidación do orzamento de 2012 nesta sesión extraordinaria, que precedeu á ordinaria e na que tamén tomou posesión como concelleiro o popular José María Rosende Rico.