EDUCACIÓN
Uns 4.500 escolares de Santiago e comarca participarán nunha nova edición da Campaña de Animación á Lectura
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Educación, María Castelao, inauguraron na Galería Sargadelos a XIII Campaña de Animación á Lectura, organizada polo Concello e Kalandraka Editora. Está previsto que participen na mesma 4.500 escolares das escolas infantís e centros de infantil e primaria de Santiago e comarca.
MEDIO AMBIENTE
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela retoma a actividade cunha xornada de portas abertas
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), situado no antigo curtidoiro de Belvís, reabre as súas portas, ofrecendo unha ampla gama de actividades ambientais para adultos e escolares. Para darse a coñecer nesta nova etapa, preparáronse dúas xornadas de portas abertas, unha para toda a cidadanía o sábado 27 de abril e outra para os directivos dos centros escolares o luns 29.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural da Trisca celebra o seu décimo aniversario cun completo programa de actividades
O venres 26 de abril cumpriranse 10 anos dende a inauguración e posta en marcha do Centro Sociocultural da Trisca, emblemático e moderno edificio deseñado polos arquitectos Jonh Hejduk, Antonio Sanmartín e Elena Cánovas. Para celebralo, a Concellería de Centros Socioculturais, en colaboración coas entidades do barrio, preparou un completo programa de actividades do 24 ao 27 de abril.
CULTURA
Budiño presenta o seu novo traballo, "Sotaque", en Sons’13
O ciclo Sons’13 trae de novo a Compostela a Budiño, que actuará o xoves 25, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. O prezo das entradas é 10 € (anticipada) e 12 € (billeteira), e pódense mercar na billeteira do Teatro Principal, en entradas.novagaliciabanco.es e no 902 434 443.