ALCALDÍA
Vías e Obras garantirá a seguridade, limpeza e accesibilidade da rúa Virxe Branca
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse cos veciños da rúa Virxe Branca, aos que lle comunicou que se deron instrucións para minimizar a actual situación de deterioro da rúa en tanto non comezan as obras do proxecto de mellora integral previsto.
EDUCACIÓN
As I Xornadas de Órgano Mariano Tafall queren poñer en valor este instrumento tan ligado a Santiago de Compostela
O Conservatorio Profesional de Música de Santiago organiza as I Xornadas de Órgano Mariano Tafall do 16 ao 22 de febreiro, co obxectivo de por en valor este instrumento, que forma parte do patrimonio compostelán e galego. Realizaranse varios concertos en igrexas, conferencias e visitas a órganos históricos da cidade.
CONSORCIO
Unha nova publicación do Consorcio afonda na historia compostelá do XIX a partir da visita de Isabel II en 1858
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presentou o libro A visita de Isabel II a Galicia en 1858, de Margarita Barral, editado polo Consorcio e a editorial Sotelo Blanco. Esta nova publicación afonda na historia compostelá do século XIX, analizando una acontecemento relevante como foi a visita real a Galicia de 1858. Este feito concreto serve para falar no concepto de "nation building", que dende comezos do século XIX os gobernantes españois querían introducir entre a poboación.
URBANISMO
Resolto o problema de seguridade da balaustrada de Rosalía de Castro colocando barrotes de ferro nos ocos existentes
A Concellería de Urbanismo vén de solucionar o problema de seguridade da balaustrada da rúa Rosalía de Castro, provocado pola excesiva anchura dos ocos entre balaústres, que mesmo causara recentemente un accidente no que resultara ferida unha nena. Investíronse 8.255 euros na colocación de 382 barrotes de ferro nos 191 ocos da balaustrada.
CULTURA
Voadora presenta a estrea absoluta de "Waltz" dentro do ciclo Teatro & Danza
Voadora (José Díaz, Marta Pazos e Hugo Torres) ofrecen a estrea absoluta de Waltz, dentro do ciclo Teatro & Danza, o xoves 14 de febreiro, na Zona C de Bonaval. Haberá funcións de novo do 15 ao 17 e do 21 ao 24 de febreiro, sempre ás 20:30 horas, agás os domingos, que será ás 19:30 horas. As entradas, a 8 €, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas) ou na propia Zona C os días de evento a partir das 18:00 horas.
CULTURA
Love of Lesbian ofrece dous concertos en Compostela coas entradas xa esgotadas
Love of Lesbian, un dos grupos máis importantes do indie español, chega a Santiago de Compostela facendo unha das paradas na súa xira de inverno, para presentar o seu último traballo e como única data en Galicia. Será na Sala Capitol o xoves 14 e de novo o venres 15. Houbo que aumentar unha data ao esgotarse rapidamente as entradas para a primeira e, de novo, volveron esgotarse, polo que xa non quedan entradas para estes concertos. A xira estaos a levar por toda España e nela ofrecen o seu novo espectáculo dúas horas e media...
PREMIO
Un proxecto do IES San Clemente obtén un dos primeiros premios europeos eTwinning
O Departamento de Cultura colaborou co IES San Clemente nun proxecto de colaboración escolar en Europa. Esta iniciativa, na que os profesores Marcos Vence e Xosé G. Ucha e nove alumnos participaron durante tres anos acaba de gañar o Premio Europeo eTwinning 2013 na categoría de alumnado de 16 a 19 anos. O resultado final é un libro de banda deseñada, feito por varios centros europeos, publicado en todas as linguas destes.
PREMIO
Down Galicia recibe en Santiago o primeiro galardón dos Premios de Voluntarios BBVA
Os Premios de Voluntarios do BBVA, que este ano celebran a súa sexta edición, recoñeceron o labor da Federación Down Galicia, outorgándolle o primeiro galardón, dotado con 40.000 euros. Esta institución ten a misión de facilitar a inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual, especialmente con síndrome de Down, no mercado de traballo, a través das prácticas formativas nas oficinas de BBVA.
FESTAS
A Queima do Meco puxo fin ao Antroido
O Antroido concluíu coa tradicional queima do Meco na praza Roxa, despois dun cerimonial desfile de loito polas rúas de Compostela.