CENTROS SOCIOCULTURAIS
Máis de 1.800 participantes nas actividades do programa "Vive o verán"
Malia que aínda queda algunha actividade en agosto e setembro, o programa Vive o verán, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais, pechou o groso do seu calendario con 1.867 participantes nos meses de xuño e xullo. Nesta cifra inclúense tantos os participantes nas actividades periódicas e puntuais (1.691 entre ambos meses) e os rapaces e rapazas inscritos en xullo no programa de conciliación das Mañás de verán e de xogo, 176 en total.
FACENDA
O Goberno municipal solidarízase cos funcionarios e non percibirá a paga extraordinaria do Nadal
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, anunciou a decisión do alcalde e dos concelleiros de non percibir a paga extra de Nadal, sumándose así á medida imposta dende o Goberno central para os funcionarios. A medida suporá un aforro para arcas locais de 23.491 euros.
COMERCIO
Reyes Leis entregou os premios da Noite Aberta de Primavera
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, entregou os premios da Noite Aberta de Primavera do comercio compostelán, que se celebrou o venres 18 de maio e que se integrou dentro do programa municipal de actividades das Festas da Ascensión. O programa contou coa colaboración das asociacións comerciais Acotés, Compostela Monumental e Santiago Centro.
XUVENTUDE
Sete prazas converteranse en "Teatros de pedra" con diversas representacións artísticas da mocidade galega
Sete prazas de Santiago converteranse nos próximos días en sete Teatros de pedra, onde nove mozos e mozas creadores desenvolverán diferentes representacións artísticas para dinamizar estes lugares emblemáticos da cidade e, desta forma, dar a coñecer a Europa Atlántica e a cultura galega. Trátase da iniciativa Imaxina Atlántica: Teatros de pedra, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude ata o 13 de agosto. A súa programación foi presentada en rolda de prensa polo responsable desta.../em>
CULTURA
Rudi Dudi presenta o seu espectáculo "Clowntamination" na praza da Quintana
Unha nova actividade familiar para a xornada do xoves 2 de agosto do programa Verán na rúa, co clown Rudi Dudi. Será na praza da Quintana a partir das 19:30 horas. Pechará o día outra entrega de Curtocircuíto na Rúa, con proxeccións na praza do Toural ás 22:30 horas.