UMAD
Residentes de psiquiatría e psicoloxía do CHUS formaranse na UMAD
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, asinou un convenio de colaboración co xerente da Área de Xestión Integrada de Santiago do SERGAS, Luis Verde, para o desenvolvemento de parte da formación de residentes da unidade docente psiquiátrica e psicolóxica clínica na Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD).
EDUCACIÓN
Unha exposición en Fonseca propón un percorrido por utensilios que se revelaron coma imprescindibles
O lapis, a cremalleira, o clip, o apósito, o taco de parede, o velcro ou a pinza para tender son inventos que pasan desapercibidos no día a día, afeitos xa ao seu uso habitual, pero que modularon a nosa existencia de forma concluínte e evidente. Ata o 29 de agosto, o Colexio de Fonseca achegará o público espectador ás pequenas ou grandes historias que hai detrás deses obxectos cotiáns.
LIMPEZA
Limpeza integral da praza do Obradoiro e das fachadas do Concello e da Catedral
Nestes días estanse a realizar labores de limpeza de todo o conxunto da praza do Obradoiro, coa vista posta nas vindeiras Festas do Apóstolo e aos milleiros de peregrinos e visitantes que Santiago recibirá nestas datas.
ECONOMÍA
Ábrese o prazo de inscrición para o Curso de Responsabilidade Social Empresarial
A Concellería de Economía abre o prazo de inscrición para o Curso de Responsabilidade Social Empresarial, acción formativa que se integra dentro do programa Santiago Investors Support, e que se desenvolverá en tres grupos no primeiro trimestre de agosto no edificio municipal CERSIA. A inscrición pode facerse a través da páxina web www.maiscompostela.org.
RECEPCIÓN
Recepción municipal aos participantes na peregrinación polo Camiño Inglés promovida por Hostalería Compostela
Os concelleiros Paula Prado, Amelia González e Francisco Noya recibiron os alcaldes e demais participantes da peregrinación polo Camiño Inglés promovida por la asociación Hostalería Compostela.
EDUCACIÓN
Os rapaces das Escolas de Verán convertéronse en pequenos científicos na primeira semana de actividades
Na primeira semana das Escolas de Verán 2012, os nenos e nenas participantes tiveron a oportunidade de converterse en pequenos científicos grazas a unha serie de actividades en torno ao medio ambiente, a bioloxía, a astronomía e os inventos. O programa continúa ao longo do mes de xullo nos CEIP Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e Fontiñas. Asisten máis de 200 nenos e nenas.