XUNTA DE GOBERNO
Medio Rural proxecta a renovación da sinalización indicativa das parroquias e a incorporación á mesma dos códigos QR
A Xunta de Goberno aprobou a solicitude dunha axuda para un novidoso proxecto de renovación da sinalización indicativa das parroquias dor rural compostelán. Tamén se deu o visto bo ao I Plan Municipal de inmigración.
EDUCACIÓN
Os participantes na Escola de Verán de Inglés pasaron polo Concello
Continúan as actividades da Escola de Verán de Inglés, que teñen como centro de operacións o IES Rosalía de Castro e nas que participan 300 escolares. Como complemento aos obradoiros e ás clases que se desenvolven no instituto, realízanse saídas a diversos centros de interese. Nesta ocasión, os alumnos e alumnas visitaron o Concello, onde foron recibidos pola concelleira de Educación, Rebeca Domínguez.
PLENO
A ampliación dos prazos de devolución do PIE permitirá reducir en máis de 850.000 euros anuais a carga financeira
O Pleno municipal, reunido en sesión extraordinaria, aprobou o compromiso de garantir o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria e de débeda pública, aceptando a posible imposición polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de condicións particulares en materia de seguimento e remisión de información, así como, no seu caso, de adopción de medidas de axuste extraordinarias que permitan dita corrección. Este era un requisito para poder solicitar a ampliación dos prazos de...
ECONOMÍA
Aposta municipal pola promoción da produción agrogandeira de Santiago e dos concellos do seu entorno
A concelleira de Turismo, Comercio e Mercados, Reyes Leis, presentoulles a representantes de Ames, Vedra e Rois o proxecto piloto Fomento da produción integrada no sector agrogandeiro e o comercio de proximidade.
SEGURIDADE CIDADÁ E BENESTAR SOCIAL
Entrega de diplomas aos participantes no curso sobre actuacións ante o consumo de alcohol en espazos públicos
Os concelleiros Paula Prado e Albino Vázquez asistiron á clausura e entrega de diplomas do Curso da Policía Local sobre "Actuacións ante o consumo de bebidas alcohólicas na rúa". As sesións duraron tres días e participaron 20 axentes.
TURISMO
Once restaurantes da cidade ofrecerán tapas de deseño en "Tapéate Compostela"
Tapéate Compostela foi presentado no Hostal dos Reis de Católicos por dous dos promotores da idea, Manuel Boquete (Restaurante Garum) e Manuel Lareo (Restaurante Manso), coa asistencia de Maruxa Ledo, xerente de Turismo de Santiago, que apoia a iniciativa, e patrocinadores como Guillermo Fernández, de Estrella Galicia, e Marta Rey, xerente do Mercado de Abastos. De acordo cos organizadores, a acción ten como finalidade "a dinamización turística da capital galega e o achegamento ao público da oferta gastronómica de locais de...
DEPORTES
O circuíto "CorreSan" celebra a súa proba nocturna nas rúas do Casco Histórico
Tras o éxito de participación da primeira carreira de CorreSan, celebrada no Campus Vida, chega a segunda proba das catro previstas, que se celebrará o sábado 14 de xullo no Casco Histórico. A novidade desta carreira é que será nocturna.
TURISMO
Santiago de Compostela e Wakayama estreitan lazos no marco da irmandade entre as súas rutas de peregrinación
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi o gobernador da Prefectura de Wakayama (Xapón), Yoshinobu Nisaka, quen asinou no Libro de Honra da cidade.
CULTURA
Cambio de data do Circo Acrobático Nacional de Pequín no Auditorio de Galicia
O Circo Acrobático Nacional de Pequín, que tiña previsto presentar o seu espectáculo O soño dunha viaxe a Oriente en Santiago de Compostela o 22 de setembro, vese obrigado a cambiar a data para o día 1 de setembro por razóns alleas ao Concello de Santiago e á empresa organizadora (Art Music Agency). O motivo é unha reestruturación na axenda da compañía, tendo que finalizar a xira en España o 2 de setembro en lugar de 23 de setembro como estaba previsto.
ALCALDÍA
Homenaxe institucional a Xaime Isla Couto
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á homenaxe institucional a Xaime Isla Couto, cofundador da Editorial Galaxia e ilustre galeguista falecido en Vigo o pasado 25 de abri. O acto, celebrado na Biblioteca da Cidade da Cultura, estivo presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.