CONSORCIO
Inaugurada a nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago
O alcalde e presidente do Consorcio, Ángel Currás, inaugurou a nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago. O novo edificio xorde da remodelación do vello edificio que albergaba o Banco de España e foi proxectado polo arquitecto Manuel Gallego.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A campaña "Xantar Compostela" repartirá 200.000 manteis para promover o uso do galego nos establecementos hostaleiros
O Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostalería Compostela acolleu a presentación da campaña Xantar Compostela, coa que se pretende promover o emprego do galego no ámbito da hostalería.
FESTAS
O público volveu encher a Quintana para escoitar os grandes éxitos de Coti
Tras o espectáculo multimedia dos Fogos do Apóstolo, a diversión trasladouse á praza da Quintana, onde Coti e Robert Ramírez ofreceron un concerto con entrada libre. O público volveu encher o recinto –e xa van varios cheos nestas Festas- e coreou especialmente as composicións máis coñecidas dos dous artistas.
TURISMO
Sorteo dos premios da primeira edición das rutas gastronómicas "Tapéate Compostela"
A primeira edición de Tapéate Compostela celebrouse do 9 ao 22 de xullo. Once dos mellores restaurantes composteláns uníronse para ofrecer dúas rutas de tapas (creadas para a ocasión) a través da cidade. Os comensais que completaron calquera dos percorridos optaban a varios premios nun sorteo que se celebrou no Mercado de Abastos.
FESTAS
Todo listo para o espectáculo multimedia e virtual dos Fogos do Apóstolo
Ás 23:30 horas comezará unha nova edición dos Fogos do Apóstolo, que este ano recuperan a queima da fachada gótica virtual e introducen a figura do actor galego Samuel Blanco no papel de Paio, descubridor da tumba, que será o encargado de narrar a historia a través do personaxe proxectado sobre a Catedral.
FESTAS
Santiago de Compostela, Roma e Xerusalén, unidas pola realidade virtual nunha Catedral temporalmente derrubada e en chamas
Os Fogos do Apóstolo volveron a espertar a admiración dos milleiros de composteláns e visitantes congregados na praza do Obradoiro e nas diversas rúas e prazas da cidade. A realidade virtual volveu debuxar sobre a fachada da Catedral un singular espectáculo multimedia no que as imaxes, o son e a pirotecnia se combinaron en harmonía.