CENTROS SOCIOCULTURAIS
O programa "Vive o verán" achega a tradición dos xogos populares a máis de 100 nenos e nenas da cidade
O programa "Vive o Verán" achegou a tradición dos xogos populares a máis de 100 nenos da cidade. A actividade, que se levou a cabo na Casa das Asociacións de Cornes de 11:00 a 13:00 horas, foi posible grazas á colaboración prestada pola Asociación de Xogos Populares e Tradicionais.
TURISMO
Darth Vader regresa a Santiago en 2013
A concelleira de Turismo, Reyes Leis; o coordinador da segunda edición do Imperial Stormtroopers, Andrés Fernández; e o presidente da Tropa Korriban – Asociación de Fans de Star Wars de Galicia, Manuel Ángel Gayoso, presentaron no Pazo de Raxoi a celebración dun desfile coas personaxes de Star Wars co que se homenaxeará o 30 aniversario da estrea da película O retorno do Jedi.
FESTAS
Tom Jones vende a metade do aforo do seu concerto en Santiago nunha semana
Tom Jones será un dos protagonistas principais das Festas do Apóstolo 2012 co seu concerto en Santiago, única parada da súa xira na Península. A actuación será o xoves 26 de xullo, ás 22:30 horas, na praza da Quintana. As entradas están á venda cun prezo de 25 € con entrada de pé e 35 € con cadeiras non numeradas. Pódense adquirir a través de www.servinova.com, o teléfono 902 504 500 ou a Rede Ticketmaster (Carrefour, Falcón Viaxes,...
ALCALDÍA
O alcalde interésase polas necesidades asistenciais da Aspanaes
O alcalde, Ángel Currás, mantivo unha xuntanza co responsable de Aspanaes Santiago (Asociación de Pais de Nenos Autistas), Jesús Vázquez. Neste encontro, o rexedor compostelán interesouse polas necesidades básicas, en especial aquelas de carácter terapéutico e social, que axuden a mellorar as condicións da asistencia a persoas con diferentes niveis de discapacidade.
CONSORCIO
A praza do Obradoiro será escenario dunha nova edición do concurso de canteiros
A cuarta edición do concurso Canteiros no Obradoiro, organizado polo Consorcio de Santiago e a Fundación Laboral da Construción de Galicia, desenvolverase o sábado 28 de xullo na praza do Obradoiro.