ALCALDÍA
A Xunta Local de Seguridade escoitou as preocupacións dos veciños do Casco Histórico e das Fontiñas
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o subdelegado do Goberno, Jorge Atán, presidiron a reunión da Xunta Local de Seguridade. Nesta ocasión, ademais tratar outros asuntos, como os avances na redacción do Plan Local de Seguridade, o órgano escoitou as preocupacións en materia de seguridade de representantes da asociación veciñal das Fontiñas e de Compostela Monumental.
TURISMO
Santiago de Compostela sumou en maio por primeira vez máis pernoctacións de turistas estranxeiros que españois
Santiago sumou no mes de maio de 2012 un total de 110.275 pernoctacións, fronte ás 106.769 que se produciron no mesmo mes do ano pasado, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Isto tradúcese nun crecemento do 3,28% respecto dos datos do 2011. Deste xeito, tras un primeiro trimestre no que houbo un descenso nas pernoctacións globais na cidade, súmase o segundo mes consecutivo con crecemento, despois de que as pernoctacións aumentasen un 0,84% dende abril.
XUVENTUDE
Vinte e cinco mozos e mozas fórmanse como monitores de tempo libre
O concelleiro de Xuventude e Deportes, Adrián Varela, visitou os 25 mozos e mozas que participan no Curso de Monitor de Tempo Libre que se desenvolverá dende esta xornada ata o 31 de xullo. Este curso capacitará os participantes para obter un título indispensable á hora de levar a cabo actividades de lecer e tempo libre e de realizar campamentos ou accións socioculturais e formativas.
ALCALDÍA
Inaugurada a nova sede do Centro de Linguas Modernas no Campus Vida
A Casa dos Catedráticos, no Campus Vida, acolle dende o segundo cuadrimestre do presente curso académico as dependencias administrativas do Centro de Linguas Modernas da USC (CLM). A inauguración oficial do novo espazo tivo lugar nesta xornada coa participación alcalde compostelán, Ángel Currás; o reitor da USC, Juan Casares Long; o vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet; a directora do centro, Katerina Vlasakova; e a xerenta da USC, Lourdes Batán.