ALCALDÍA
O alcalde atopa boa disposición por parte dos gandeiros a compatibilizar o mercado con outros usos no recinto de Amio
O alcalde compostelán e a concelleira de Mercados, Reyes Leis, reuníronse cos representantes dos tratantes de gando para abordar o futuro do mercado no recinto feiral de Amio. Ángel Currás explicoulles a postura municipal neste tema, que pasa por compatibilizar o mercado gandeiro con outros usos para así facer rendibles as instalacións.
XUNTA DE GOBERNO
Medio Rural inicia unha nova fase preventiva de limpeza das pistas do rural
A Xunta de Goberno aprobou o inicio dunha nova fase de desbroces nas pistas do rural, por importe de 50.847 euros. Ademais, deuse o visto bo ao programa municipal de conciliación do verán e ao novo servizo de recollida de roupa e calzado.
BENESTAR SOCIAL
Clausurado o Obradoiro de Economía Doméstica impartido polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte
Impartiuse a última sesión do Obradoiro de Economía Doméstica, organizado polo persoal do Programa Municipal de Intervención Soioeducativa e o Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte da Concellería de Benestar Social.
ECONOMÍA
A aplicación Galitempo, de Adrián Moreno e Gonzalo Mateo, gaña o certame Open Data
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) deu a coñecer os proxectos gañadores do I Premio Open Data nun acto celebrado no Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa (CERSIA). O primeiro premio levouno o proxecto Galitempo, de Adrián Moreno Peña e Gonzalo Mateo Sixto, mentres que o segundo galardón recaeu en Datos Gráficos www.datosgraficos.com, de Ramón Antonio Parada Rodríguez. O Concello patrocionou este...
DEPORTES
O facho dos I Xogos Interautonómicos Special Olympics percorreu as rúas de Santiago
Todo listo para a celebración dos I Xogos Interautonómicos de Atletismo Special Olympics Galicia nas instalacións de atletismo da Universidade de Santiago. O facho olímpico percorreu as rúas de Compostela, partindo da rúa Neira de Mosquera para chegar á praza do Obradoiro, onde foi recibido polo alcalde, Ángel Currás.