ALCALDÍA
Santiago e Vedra reafirman a liña de colaboración en materia viaria, turística e de demanda dun novo parque de bombeiros
Os alcaldes de Santiago, Ángel Currás, e de Vedra, Carlos Martínez, reuníronse en Raxoi para abordar algunhas das materias que afectan a ambos concellos, como a mellora da estrada provincial entre Santiago e Vedra ou a busca dunha solución para o parque de bombeiros.
DEPORTES
Máis de 200 nadadores competirán no Campionato Galego de Natación Alevín
A piscina de Santa Isabel acollerá o sábado 16 e o domingo 17 o Campionato Galego de Natación Alevín. Participarán 226 nadadores e nadadoras de 24 clubs galegos.
EDUCACIÓN
A celebración do Día Europeo da Música saca á rúa os novos intérpretes das escolas musicais de Compostela
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, presentou en rolda de prensa as actividades con motivo do Día Europeo da Música, que se celebra o 21 de xuño. Con tal motivo, do 18 ao 22 de xuño celebraranse concertos, veladas musicais, obradoiros e exposicións en diversas rúas, prazas e institucións de Compostela.
TURISMO
Xornalistas irlandeses visitan a cidade
Xornalistas irlandeses coñecerán estes días Santiago de Compostela, nunha viaxe organizada por Turismo de Santiago en colaboración coa Asociación Hostalería Compostela e a Oficina Española de Turismo (OET) de Dublín, que ten por obxectivo promocionar Santiago no mercado irlandés e impulsar a conexión aérea que une Santiago e Dublín.
ALCALDÍA
A Fundación Xacobea do Mar de Arousa presentoulle ao alcalde o XXVIII Remonte de conmemoración da traslación apostólica
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi co presidente da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa, Javier Sánchez-Agustino.
CULTURA
aCadaCanto, en directo en Santiago
O mércores 13, ás 21:00 horas, terá lugar no Teatro Principal, dentro do ciclo ‘Íntimo&Acústico’, o concerto de Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero co proxecto aCadaCanto, o novo disco de Músicas de Salitre no que conflúen por primeira vez de maneira conxunta as carreiras musicais destes catro músicos. Compañeiros noutras formacións coma Berrogüetto, Espido ou Nova Galega de Danza, os catro xúntanse na gravación do sexto disco de Músicas de...
ALCALDÍA
Santiago de Compostela acolle o IX Foro Internacional de Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior
A Escola Galega de Administración Pública acolle do 12 ao 15 de xuño o IX Foro Internacional de Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior (FECIES). O alcalde recibiu os participantes no salón nobre de Raxoi.