XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno ratifica os convenios para novas actuacións nas ARI
O Goberno local ratificou tres convenios asinados entre o Concello, o Ministerio de Fomento e o Instituto Galego de Vivenda e Solo para levar adiante novas fases de actuacións nas áreas de rehabilitación integral (ARI) de Vista Alegre, Casco Histórico e grupo de vivendas Santiago Apóstolo e Quiroga Palacios (Pontepedriña).
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Concello quere destinar o actual Centro Sociocultural de Conxo á ampliación da escola infantil do barrio
O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Javier Noya, anunciou a intención municipal de dotar tamén á Casa das Asociacións dun uso sociocultural, neste caso para os veciños do barrio de Conxo. En troques, o actual Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" destinaríase a ampliar a Escola Infantil.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Obradoiros, teatro, cine, baile e xogos na XXVI Semana Cultural de Conxo
O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Javier Noya, inaugurará o martes 6, ás 20:15 horas, no Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo, a Semana Cultural de Conxo. O propio edil, acompañado do técnico Xulio Noia, presentou a programación dunha edición número XXVI que contará con teatro, exposicións, obradoiros, baile, cine, monicreques e outras actividades lúdicas.
CULTURA
Talentos novos rusos e galegos no I Encontro Internacional Peregrinos Musicais
O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, presentou o I Encontro Internacional Peregrinos Musicais, que se celebra na nosa cidade do 6 ao 9 deste mes. Fíxoo acompañado de Maximino Zumalave, director asociado da Real Filarmonía de Galicia, e Alexander Gold, director do encontro e representante da Fundación Vladimir Spivakov que colabora no mesmo. Estaba tamén prevista a presenza de Ilona Timchenko, directora artística do evento que non puido estar presente finalmente por problemas cun voo. No marco do encontro celebraranse dous concertos no...