MOBILIDADE
Modificacións na rotonda de Conxo para mellorar a mobilidade na zona
O concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Albino Vázquez, anunciou que a partir do xoves 29 se procederá a realizar un cambio na rotonda de Conxo co obxectivo de mellorar a mobilidade da zona. A modificación consistirá na colocación dun valado na rotonda, de xeito que os vehículos que procedan de Conxo e do Hospital Provincial non poderán xirar á súa esquerda.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a instalación de alumeado no campo de fútbol de San Lázaro
A Xunta de Goberno aprobou, entre outros asuntos, a dotación de alumeado para o novo campo de fútbol de San Lázaro, así como unha nova edición do programa "Á auga patos". Tamén se procedeu ao nomeamento dos representantes municipais nos consellos escolares e autorizouse a utilización do CEIP Apóstolo Santiago para a preparación do graduado en educación secundaria para adultos.
TURISMO
Santiago e Tanabe seguen estreitando lazos
Os concelleiros de Turismo, Reyes Leis, e de Cultura, Ángel Currás, recibiron en Raxoi a Mari Kawabata, directora de Turismo da Prefectura de Wakayama, e Brad Towle, director da Oficina de Turismo do Camiño de Kumano.
ALCALDÍA
O Cersia incorpora unha aula multimedia
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, inauguraron a Aula Multimedia do Cersia, incluída na Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e Inclusión
Tecnolóxica).
ALCALDÍA
O alcalde recibiu á viuva de Fernando Múgica, María Pilar de las Heras
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi a viúva de Fernando Múgica, María Pilar de las Heras.
ALCALDÍA
Todo listo para o comezo das obras de remodelación da Praza de Abastos
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse coa directiva da Praza de Abastos, encabezada pola xerente, Marta Rey, e o presidente da cooperativa da praza, José Fernández.