ALCALDÍA
O alcalde compostelán anuncia un investimento duns 50 millóns de euros en 2012 grazas a acordos con empresas privadas
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, actuou como relator nun novo almorzo informativo do "Fórum Europa. Tribuna Galicia". Na súa intervención anunciou un investimento municipal en 2012 duns 50 millóns de euros, grazas a acordos con empresas privadas.
ALCALDÍA
Os vehículos antigos volven ao Casco Histórico de Compostela
Despois do seu paso por Compostela con motivo das Festas do Apóstolo, os automóbiles clásicos volven á cidade da man da I Concentración de Vehículos Históricos "Compostela Monumental". Máis de 50 coches participarán neste evento, que se celebrará o sábado 24 entre as 11:00 e as 20:00 horas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rocha celebra a súa VII Semana Cultural
O barrio da Rocha celebra a súa VII Semana Cultural do 20 ao 24 de setembro. Serán cinco días nos que haberá exposicións, xogos populares, charlas, teatro e unha festa.
XUNTA DE GOBERNO
Operación de tesourería por catro millóns de euros para afrontar pagos a provedores
A Xunta de Goberno adxudicou unha operación de tesourería por catro millóns de euros, que permitirá facer fronte aos pagos pendentes a provedores con maior antigüidade. Tamén se aprobou a modificación da taxa fiscal pola apertura de establecementos.
ALCALDÍA
Conde Roa reuniuse co presidente e co secretario da Fundación Down Compostela
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse en Raxoi co presidente da Fundación Down Compostela, Juan Martínez, e co secretario, Xaime López.