CULTURA
O Ciclo de Lied trae ao Principal un dos carteis máis atraentes das súas doce edicións
O tenor Mark Padmore, a mezzosoprano Anna Grevelius, os barítonos Philip Smith e Thomas E. Bauer e a soprano Sandrine Piau, acompañados ao piano polo xa habitual Roger Vignoles, serán os protagonistas do XII Ciclo de Lied. O programa, composto por catro concertos no que resta de mes de setembro, os martes e os xoves no Teatro Principal, foi presentado en rolda de prensa polo concelleiro de Cultura, Ángel Currás e polo novo director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou.
ALCALDÍA
Conde Roa destaca a crecente importancia das redes sociais nas relacións dos responsables políticos cos cidadáns
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, participou en San Martiño Pinario na apertura das xornadas de marketing político "Política 2.0", que se celebran en Santiago os días 14 e 15 de setembro.
CULTURA
Teatro do Morcego estrea "American Café"
Teatro do Morcego estrea o xoves 15 American Café, obra de R. Mohamed, adaptada por Henrique Harguidey baixo a dirección de Celso Parada. Repetirán función á mesma hora, 21.00 horas, o venres 16. As entradas están xa á venda na web de Novacaixagalicia e poderán mercarse tamén os días de función na billeteira do Teatro Principal, en horario de 12:30 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas, a un prezo de 7 euros en butaca, platea e primeira planta; 5 euros.../em>
ALCALDÍA
Melloras na seguridade de vehículos e peóns na estrada entre O Castiñeiriño e Os Tilos
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández visitaron a estrada que une O Castiñeiriño-Os Tilos (AC-841), na que o seu departamento autonómico vén de investir máis de 1,7 millóns de euros na mellora da súa seguridade viaria.