XUNTA DE GOBERNO
Prórroga das obras da nova escola infantil de Salgueiriños para emendar deficiencias
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, acordou unha prórroga das obras da nova escola infantil de Salgueiriños de Abaixo. Ademais, adxudicou as obras de reforzo do firme no vieiro entre A Ponte e Ponte Albar (Grixoa) e a prórroga do contrato de mantemento do parque de Salgueiriños.
ALCALDÍA
Xerardo Conde Roa e Xerardo Estévez conversan sobre "a cidade e as súas persoas"
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi o ex-alcalde de Santiago Xerardo Estévez. Foi, como eles mesmos cualificaron, un "encontro de amigos", para falar do futuro da cidade e dalgunhas persoas ás que se quere recoñecer o seu traballo por Compostela.
ALCALDÍA
O Goberno municipal estudia fórmulas de financiamento con empresas privadas para sacar adiante algúns proxectos
Preguntado polo inicio en setembro dun novo curso político, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, anunciou que "xa está feito un pequeno borrador de orzamentos para o ano que vén" e recordou que "xa se ten feito unha pequena reestruturación da vida administrativa municipal". Ademais e partindo da "situación moi complicada" dende o punto de vista económico, indicou que se acometerá unha operación de tesourería para atender os provedores e fórmulas financeiras para financiar...
CULTURA
Música, cinema e literatura na xornada do martes 23 no Festival dos Abrazos
O Festival dos Abrazos, que está xa na súa última semana, continúa a ofrecer unha programación completa e variada. Na xornada do martes 23 teremos música, cinema e literatura.