ALCALDÍA
O Ensanche Vello exhibe a súa nova e funcional imaxe urbana
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías, visitaron as obras de reurbanización realizadas nas rúas do chamado Ensanche Vello, realizadas con fondos estatais. Estas actuacións dotaron a esta zona da cidade de espazos máis habitables, con amplas beirarrúas e novos servizos.
ALCALDÍA
O alcalde presta o seu apoio ao ministro de Fomento na defensa do AVE a Galicia
Despois da visita desta semana do ministro de Fomento, José Blanco, ás obras da entrada do AVE na cidade, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mostrou a súa satisfacción co cumprimento e mesmo adianto dos prazos desta actuación. Ademais, insistiu no "recoñecemento ao esforzo do ministro" no tema da alta velocidade a Galicia e prestoulle o seu apoio na defensa da mesma.
FESTAS
As Cantareiras de Ardebullo abren as portas do Antroido coa banda sonora das verbenas
As televisivas Cantareiras de Ardebullo abrirán o sábado as festas do Antroido co tradicional pregón. Será o momento para que o Meco suba aos balcóns do Pazo de Bendaña e para o baile con ritmos de verbena.
CONSORCIO
A Real Filharmonía participa un ano máis no Festival Música-Musika de Bilbao
A Real Filharmonía de Galicia viaxa a Bilbao para participar, o sábado 5 e o domingo 6, no Festival Música-Musika, un dos mellores certames musicais de España, composto nesta edición por máis de 60 concertos.