ALCALDÍA
Santiago únese á conmemoración dos 125 anos de Monforte como cidade
A Alameda acolle unha exposición coa que se conmemora o 125 aniversario da declaración de Monforte como cidade, acontecido en 2010. A exposición foi inaugurada polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e polo seu homólogo monfortino, Severino Rodríguez Díaz.
ALCALDÍA
O alcalde recalca o crecemento do aeroporto de Lavacolla en xaneiro e febreiro "sen ningunha axuda nin colaboración"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, valorou o crecemento, tamén en febreiro do aeroporto de Lavacolla. Ademais, destacou que o crecemento nestes primeiro bimestre do ano se produciu "sen ningunha axuda nin colaboración, cousa que non poden dicir os outros dous aeroportos, que reciben axudas dende xaneiro".
REHABILITACIÓN
Un millón de euros para a posta en valor do xacemento do Castelo da Rocha Forte
O Concello vai asinar un convenio co Ministerio de Cultura para o estudo, recuperación e posta en valor do xacemento do Castelo da Rocha. A concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, explicou en rolda de prensa a proposta de acordo que se remitirá ao Ministerio.
COMERCIO
Constituída a Mesa Local do Comercio
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presidiu a constitución da Mesa Local do Comercio, reunida na Sala Circular do Auditorio de Galicia. Respóndese así ao requirimento remitido ao Concello pola Xunta de Galicia a comezos de febreiro, polo que se concedía un prazo de vinte días hábiles para a súa creación e remisión á Administración autonómica da acta de constitución.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións acolle a mostra "A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro"
Do 18 de marzo ao 2 de abril, a Casa das Asociacións acollerá a exposición A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro. Nela aparecen todos os persoeiros que participaron activamente na construción da Autonomía, dende a óptica do humor e da ironía.
ALCALDÍA
Os veciños de Rosalía de Castro e Choupana, satisfeitos coa súa nova avenida urbana
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro cos veciños de Rosalía de Castro – A Choupana, trala reurbanización do entorno e tres meses despois do seu remate. Foi momento para conversar sobre os cambios nesta vía, de 1,2 quilómetros de longo, que mudou radicalmente de aspecto, incorporando ademais novos servizos. O investimento final foi de 3,3 millóns de euros.
CONSORCIO
Constituída a Comisión para o seguemento do programa e actuacións do Plan Director da Catedral de Santiago
Na sede do Consorcio de Santiago quedou constituída a Comisión do Plan Director da Catedral de Santiago, formada pola directora xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura, María Ángeles Albert de León; o director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Xosé Manuel Rey Pichel; e o alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo.