XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica a iluminación de Nadal para 36 rúas e prazas da cidade
A Xunta de Goberno Local adxudicou por 60.000 euros a iluminación de nadal así como o desenvolvemento de Nadalxogo 2011 e o programa de actividades de dinamización comercial pensando tamén para estas datas.
ALCALDÍA
Concurso de beléns e de ambientación dos negocios de hostalería para animar o Nadal compostelán
A concelleira Reyes Leis presentou en rolda de prensa outras dúas actuacións que pon en marcha o Concello este ano para dinamizar as festas e animar a todos os cidadás a participar nelas: un concurso de beléns no que poderán inscribirse tanto particulares coma institucións e outro que premiará os negocios de hostalería mellor decorados.
CULTURA
Cineuropa consolídase como referencia da vangarda do cinema europeo e incrementa o seu público
A XXV edición de Cineuropa foi todo un éxito e bateu todos os seus récords, consolidándose como unha referencia entre os máis prestixiosos festivais de cine. Pero sobre todo, segundo destacou hoxe en rolda de prensa o responsable de Cultura do Concello de Santiago, Ángel Currás, Cineuropa contou co apoio incondicional do seu público que acadou os 33.710 espectadores, o que supón un incremento do 6% con respecto á edición anterior.