EDUCACIÓN
CiberCaixa de Roxos: programa educativo e lúdico para conciliar a vida familiar e laboral
O CEIP de Roxos-Villestro acolle a primeira CiberCaixa. Quedamos ao saír de clase, unha iniciativa de acollida para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que ofrece un contorno educativo non formal en horario extraescolar e en períodos de vacacións. Este proxecto, nacido da colaboración da Concellería de Educación coa Fundación "la Caixa", pretende axudar ás familias a conciliar a vida familiar e laboral.
EDUCACIÓN
O Concello colabora co Bacharelato Internacional do IES Rosalía de Castro
O Concello de Santiago financia con 7.760 euros parte do custo das taxas do Bacharelato Internacional do IES Rosalía de Castro. Esta ensinanza vénse impartindo dende 1989 e dela benefícianse 50 alumnos cada curso en Compostela.
ALCALDÍA
Unha comisión avanzará na unión de esforzos entre Santiago e Ames
O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, e o de Ames, Santiago Amor, mantiveron unha reunión en Raxoi. Na mesma acordaron a creación dunha comisión, composta por dous concelleiros de cada Corporación, que comezará de inmediato a traballar para mancomunar esforzos entre ambos municipios.
XUNTA DE GOBERNO
Convenio coa Xefatura de Tráfico para facilitar que os novos empadroados paguen o imposto de vehículos en Santiago
A Xunta de Goberno aprobou na súa sesión ordinaria un convenio entre o Concello e a Xefatura Provincial de Tráfico para facilitar o correcto pago do imposto de vehículos dos novos empadroados. Ademais, adxudicouse a obra de mellora da mobilidade no entorno da nova escola infantil de Salgueiriños.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o presidente do departamento francés de Seine-Maritime
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi o presidente do departamento francés de Seine-Maritime, Didier Marie. Ás 20.00 h, recepción da Corporación.