CULTURA
Cineuropa, referente do Novo Cinema Galego
Cineuropa converte ao Teatro Principal no referente do Novo Cinema Galego ao estrear as últimas producións de Alberte Pagán, A pedra do lobo e de Xurxo Chirro, Vikingland, que vén de ser seleccionada e recoller excelentes críticas nos festivais de Marsella, Mar del Plata e Xixón. Tanto Pagán como Xurxo Chirro presentarán ao público, o venres 25 pola tarde, as súas obras e manterán un debate posterior ás proxeccións.
EDUCACIÓN
Visita da Asociación de Dano Cerebral Sarela á Escola Municipal de Música
A Asociación de Dano Cerebral Sarela visitou a Escola Municipal de Música. Os seus integrantes disfrutaron dunha visita guiada, de actividades musicais e dun pequeno concerto co obxectivo de achegarlles aspectos de interese na súa educación relacionados coa música.
MULLER
Un lazo violeta contra a violencia de xénero
O Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte, da Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, realizou un reparto de lazos violetas no habitual mercado dos xoves, en Salgueiriños. Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), este acto pretendía concienciar á poboación de Santiago sobre a problemática da violencia de xénero e sobre a necesidade dunha loita activa contra a mesma.
EDUCACIÓN
En marcha a CiberCaixa de Roxos, programa educativo e lúdico de conciliación
Bota a andar de novo a CiberCaixa, instalada no CEIP Roxos Villestro grazas ao convenio de colaboración asinado pola Concellería de Educación coa Fundación La Caixa. Esta iniciativa satisfará as necesidades educativas e lúdicas de escolares de entre 3 e 12 anos, facilitando ademais a conciliación da vida familiar e laboral.
DEPORTES
Máis de 600 rapaces participarán nunha nova edición da Campaña de Minibásquet Memorial Lorenzo de la Torre
O Deportes, Adrián Varela, presentou unha nova edición da Campaña de Minibásquet Memorial Lorenzo de la Torre, que durante sete meses se desenvolverá en varios pavillóns deportivos da cidade. Participarán 625 escolares de entre 8 e 11 anos.
DEPORTES
A pista de xeo estará aberta durante dous meses na praza da Quintana
Nestes días estase procedendo á instalación dunha pista de xeo natural na praza da Quintana. O recinto estará aberto entre o 1 de decembro e o 31 de xaneiro, segundo anunciou o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.
ALCALDÍA
Conde Roa: "Non imos tolerar que Santiago sexa lugar de ensaio de guerrillas urbanas"
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, condenou os actos violentos da noite do mércores, producidos horas despois do desaloxo da Sala Yago. "Non imos tolerar que Santiago se converta en ningún lugar de ensaio para grupos de guerrillas urbanas nin de creación de experimentos que sementen a intranquilidade á cidadanía e poñan en perigo a orde nesta cidade", indicou.
PLENO
Aposta unánime da Corporación polo derrubo da Casa da Xuventude
O derrubo da actual Casa da Xuventude é unha "decisión tomada", segundo asegurou o alcalde, Xerardo Conde Roa, na súa intervención no Pleno a propósito dunha proposición neste sentido presentada polo grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego e que foi aprobada por unanimidade polos tres grupos.