INFRAESTRUTURAS
O Concello rexenerará o vertedoiro de Aríns e esixirá responsabilidades
Unha vez executado o peche definitivo do vertedoiro de Aríns, a concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, explicou en rolda de prensa as irregularidades administrativas e medioambientais que afectaban a este espazo. O Concello vai rexenerar esta parcela, pero tamén demandar responsabilidades polos danos causados nos anos que permaneceu en situación irregular.
CULTURA
"Soños de Chequia" traerá a Compostela en novembro o mellor da cultura checa
A República Checa será a protagonista do fin de semana do 4 ao 6 de novembro en Compostela. O programa Soños de Chequia traerá o mellor da cultura checa á nosa cidade a través de concertos, jam sessions, cata de produtos, cinema e exposicións.
TURISMO
Concello, Cámara, Hostalería e AENA crean un grupo de traballo para potenciar o turismo de Santiago de Compostela
O Pazo de Raxoi acolleu a constitución de "Turismo de Santiago", un grupo de traballo impulsado polo Concello no que participan o propio Concello a través da empresa municipal de promoción turística, Incolsa, a Cámara de Comercio de Santiago, a Asociación Hostalería Compostela e AENA. Nesta primeira reunión de constitución do grupo participaron a concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis; a xerente de Incolsa, Maruxa Ledo; o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey; e os...
MEDIO RURAL
Rolda de reunións coas asociacións veciñais para coñecer as súas demandas máis urxentes e achegarlles documentación
Os concelleiros de Medio Rural, Luis Bello, e Centros Socioculturais, Francisco Noya, iniciaron unha serie de reunións coas asociacións veciñais do rural. O obxectivo destes encontros é coñecer as necesidades máis urxentes de cada parroquia, co fin de encomendar a súa xestión ás concellerías implicadas en cada caso.
CIDADE HISTÓRICA
Constituída en Raxoi a nova Comisión Asesora do Casco Histórico
Baixo a presidencia do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, quedou constituída en Raxoi a Comisión Asesora do Casco Histórico.