XUVENTUDE
Xuventude programa cinco cursos para os últimos meses do ano enfocados aos mozos e mozas composteláns
O edil de Xuventude, Adrián Varela, presentou en rolda de prensa o programa coas actividades que o seu departamento ten preparadas para realizar no últime trimestre do ano. En total son cinco cursos de temática diversa que se realizarán no centro sociocultural do Ensanche e nalgúns institutos da cidade. Todas as actividades son de balde e o prazo para inscribirse é do 25 de outubro ao 7 de novembro.
ALCALDÍA
Cidades Patrimonio e o Ministerio de Cultura establecen un cauce de colaboración mutua en defensa do patrimonio
O presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, e a subsecretaria de Estado do Ministerio de Cultura, Mercedes del Palacio, subscribiron un acordo para establecer un cauce de colaboración "estable e concreto" entre o Goberno de España e as trece cidades que conforman o grupo, de maneira que o Executivo se convirta no seu interlocutor ante institucións como a UNESCO ou o ICOMOS.
XUNTA DE GOBERNO
A avenida Manuel Fraga Iribarne unirá Sar coa Cidade da Cultura
A rúa que se estende desde a rotonda contigua ao Multiúsos Fontes do Sar ata a Cidade da Cultura será bautizada co nome de "avenida Manuel Fraga Iribarne", segundo acordou a Xunta de Goberno Local. A voceira, Paula Prado, apuntou que se trata con este xesto de "agradecerlle o moito que fixo pola cidade".
ALCALDÍA
O Concello ofrece unha recepción á Asociación Profesional da Maxistratura con motivo do seu XIX Congreso
A Biblioteca da Cidade da Cultura foi o escenario da recepción que membros da Corporación municipal, encabezada polo alcalde Xerardo Conde Roa, ofreceu aos membros da Asociación Profesional da Maxistratura, que está a celebrar en Santiago o seu XIX Congreso.
CULTURA
A Banda Municipal de Música inaugura o mércores 26 a programación didáctica da Concellaría de Cultura
Ademais da Banda, haberá propostas da Real Filharmonía de Galicia, Xacobe Martínez Antelo Standard 4tet, Taller Atlántico Contemporáneo, unha agrupación de L’Auditori de Barcelona e Chema Rey DJ. 40 colexios de Santiago e comarca e 89 do resto de Galicia xa formalizaron a súa inscrición e aínda queda algunha praza libre.