ALCALDÍA
A asociación veciñal do Romaño expúxolle ao alcalde as principais demandas para o barrio
A asociación veciñal do Romaño foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa.
ALCALDÍA
Pausa nos partidos do Torneo Internacional de Squash para unha visita ao Concello
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu os participantes no Torneo Internacional PSA e WISPA "Camiño de Santiago" de squash, que se celebra do 17 ao 22 de outubro na pista de cristal instalada no centro comercial Área Central. Entre eles atopábase o compostelán Borja Golán, quen, na anterior fin de semana e na mesma pista, se proclamou por novena vez campión de España absoluto.
TURISMO
A empresa municipal Incolsa aforrará máis de 200.000 euros en alugueres
Incolsa aforrará 52.000 euros ao ano en alugueres despois de que o Consello de Administración da empresa municipal aprobase por unanimidade a modificación e cancelación dos diferentes contratos que mantiña. Isto supón un aforro en alugueres de máis de 200.000 euros nos vindeiros catro anos.
OBRAS E INFRAESTRUTURAS
A concelleira de Infraestruturas denuncia a aparición no seu departamento de facturas de obras sen tramitación previa
A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, denunciou en rolda de prensa a aparición dunha serie de facturas no seu departamento contratadas verbalmente polo anterior Goberno, así como doutra previa á tramitación mesma do contrato. A suma de todas estas facturas supera os 200.000 euros.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio de España celebra en Mérida un curso para mandos intermedios de bombeiros
Dous mandos do Servizo de Extinción de Incendios de Santiago están a participar en Mérida nun curso para mandos intermedios de bombeiros organizado pola Comisión de Intervencións de Emerxencias do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Esta comisión nacera a raíz da importante perda que supuxo o incendio na sede do Palacio Episcopal de La Laguna o 23 de xaneiro de 2006.