ALCALDÍA
A aventura dos "6 millóns de pasos" continúa
Mes e medio despois da chegada ao Obradoiro, o proxecto 6 millóns de pasos continúa co traballo de difusión da experiencia a través de diferentes soportes. Os seus protagonistas, o alpinista Juan Rivas "Coru" e o fotógrafo Andrés Fraga, foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e polo concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro.
ALCALDÍA
O PMUS trazará antes do verán as medidas en prol dunha mobilidade sostible
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou en rolda de prensa o Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Santiago de Compostela (PMUS). Esta proxecto converterase na ferramenta mediante a cal o Concello poderá articular medidas encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos cidadáns a través dun cambio nas condicións de transporte e mobilidade de Santiago e da súa área metropolitana.
TURISMO
O libro de receitas de "Santiago(é)Tapas" gaña o premio Gourmand ao mellor deseño dun libro de cociña de España
O Libro de Receitas de Santiago(é)Tapas vén de recibir o premio Gourmand ao mellor deseño dun libro de cociña de España, o que lle permitirá participar no Gourmand World Cookbook Awards, onde competirán os libros gañadores de cada país polo premio "Best in the World" de cada categoría. Os premios Gourmand World CookBook son considerados os máis importantes do mundo no sector gastronómico. Na edición do ano 2009 participaron 6.000 libros de 136 países, o que dá unha idea...