COMERCIO
A maioría dos composteláns merca os alimentos frescos no Mercado de Abastos e os non frescos nos supermercados
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou as conclusións do estudo Hábitos de consumo no Concello de Santiago, enmarcado na liña Observatorio Comercial do Plan Estratéxico do Comercio Compostelán, cofinanciado pola Deputación de A Coruña, xunto ao Censo de locais comerciais de Santiago de Compostela, recentemente presentado.
ALCALDÍA
A Conferencia de Redes de Cidades Europeas Transfronteirizas e Interrexionais une a 500 cidades do continente
A Conferencia de Redes de Cidades Europeas Transfronteirizas e Interrexionais (CECICN, nas súas siglas en inglés) quedou constituída nunha sesión celebrada no Hostal dos Reis Católicos. A nova entidade estará presidida durante os primeiros dous anos polo alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo.
EDUCACIÓN
Os gañadores composteláns do programa didáctico "Coñecer as Cidades Patrimonio" viaxan a Córdoba e Segovia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, recibiron en Raxoi os gañadores os alumnos composteláns gañadores da novena edición do Programa Coñecer as Cidades Patrimonio, pertencentes ao IES de Sar. Estes escolares partirán o luns 26 cara Córdoba, onde participarán no certame final do programa e, posteriormente, cara Segovia, a cidade sobre a que realizaron o traballo.
XUVENTUDE
Deseqilibrio Mental gaña a primeira final do "MúsicaXove" na categoría de metal
Na noite do xoves 22, os fans do metal puideron escoitar ás novas promesas do estilo musical que emerxen en Galicia nun concerto na Sala Capitol no que participaron tres grupos da zona de Compostela, Deseqilibrio Mental (Teo), Nightcrawler (Santiago) e Empezar de Zero (Lalín-Arzúa), na primeira final da terceira edición do MúsicaXove, certame organizado pola Concellaría de Xuventude. O gañador foi o primeiro deles.