ALCALDÍA
O alcalde convida os veciños e veciñas a participar activamente na visita do Papa
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, convida nun bando a todos os veciños e veciñas a participar nos actos da visita do Papa Bieito XVI. Ademais, pídelle aos cidadáns que sexan hospitalarios cos visitantes e que cumpran coas normas de seguridade e mobilidade.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións acolle a presentación artística do colectivo 20º 65% coa súa primeira mostra, "Identitas"
O venres, 5 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes), terá lugar a presentación pública do Colectivo Artístico 20º 65% (20ºC e 65% de humidade, condicións óptimas para conservar unha obra de arte). Unha mostra baixo o título Identitas serve de posta de longo para este grupo.
ALCALDÍA
O Congreso aproba a declaración do 800 aniversario da consagración da Catedral como feito de excepcional interese público
O Congreso dos Deputados aprobou a emenda de adición aos Orzamentos do Estado pola que o 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago se declara acontecemento de excepcional interese público. Así o anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, que cualificou como "extraordinaria" a noticia. A medida permitirá outorgar os máximos beneficios fiscais que a Lei prevé, nas mesmas condicións que neste Ano Santo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Xornada sobre estratexias para mellorar o posicionamento das empresas nos buscadores de internet
A concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo colabora con Iniciador Galicia na organización da xornada Mellora o SEO do teu negocio en internet, enmarcada no programa de fomento do emprendemento Compostela Activa. O obxectivo da conferencia, que será impartida polo experto en SEO (Search Engine Optimization – Optimizacion para motores de busca en internet-) Nico Castro, é mostrar ás persoas emprendedoras, empresariado e público en xeral, consellos, trucos e estratexias co obxectivo de mellorar o...